Noticias Ayuntamiento de Vigo 12-05-11 Galicia.
O alcalde propón á Xunta que a Área Metropolitana incremente competencias, evite duplicidades e concrete financiamento e gobernabilidade |
Caballero avanza que esta fin de semana entrarán en funcionamento as tres fontes de Aragón con Jenaro de la Fuente![]() O alcalde de Vigo visitou este xoves a zona e adiantou a entrada en funcionamento das tres fontes ornamentais esta mesma fin de semana. Abel Caballero explicou que estes motivos «están significando un antes e un despois na humanización deste territorio» e celebrou en particular a «extraordinaria mellora» que supuxeron as rotondas no tráfico do cruce. O alcalde anunciou tamén que están en redacción os proxectos de humanización da confluencia de Jenaro de la Fuente con Ramón Nieto, o Calvario e Martínez Garrido. |
Santi Domínguez salienta o traballo que Benestar Social está a facer na prevención das drogodepencias |
O Concello anima aos 3.000 participantes no Correlingua a xogar na defensa do galego |
O Concello súmase aos actos en solidariedade con Lorca gardando un minuto de silencio |
A compañía Yllana interpreta mañá venres no Auditorio Municipal o seu novo espectáculo «Sensormen», con entradas esgotadas![]() O Auditorio Municipal acolle mañá, 13 de maio ás 21 horas, a representación do novo espectáculo da compañía Yllana, «Sensormen», no que conflúen comedia, música, percusión e unha innovadora formulación escénica. Segundo informa a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural, as entradas para asistir a esta actuación están xa esgotadas. |
Máis de 1.500 escolares participarán nunha nova edición da iniciativa polo galego 'Correlingua'
A carreira salió da Praza do Rei ás once da mañá e percorrerá Camelias e Praza América para rematar no Parque de Castrelos A cidade de Vigo acolló oxoves día 12 de maio unha nova edición do Correlingua -que este ano se celebra baixo o lema «En galego sempre somos»- na que está previsto que participen uns 1.500 escolares. O comezo está fixado para as 11.00 horas da mañá na Praza do Rei e percorrerá distintas rúas (Camelias, Praza América) até o parque de Castrelos. Leer más…
mitin Pexegueiro Baixo Miño
«Hai oito anos o alcalde de Tui prometeunos unha garderia municipal, que non chega, prometeunos un novo centro de saúde que tampouco fixo, o PP non fixo nada por Pexegueiro,non merecemos un alcalde así, en Pexegueiro e en Tui merecemos un alcalde que traballe por e para a xente. Leer más…
ADMINISTRACIÓNS, UNIVERSIDADES E INVESTIGADORES BUSCAN UNHA ESTRATEXIA COMÚN PARA FREAR A EXPANSIÓN DAS PLANTAS INVASORAS
-
A Consellería do Medio Rural e a Universidade de Vigo organizan estes días unha xuntanza en Vigo con máis de 60 científicos da Península Ibérica
- A finalidade é establecer unha estratexia de investigación converxente entre os grupos de España e Portugal no eido das especies vexetais foráneas que poñen en perigo o equilibrio dos ecosistemas A Consellería do Medio Rural, a través do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, xunto coa Universidade de Vigo organizan a I Reunión Ibérica sobre plantas invasoras, que ten lugar en Vigo desde hoxe ata o vindeiro sábado, co fin de buscar unha planificación común para frear a expansión deste tipo de plantas. Esta reunión, pioneira en España, ten un marcado carácter interdisciplinar, xa que nela se dan cita investigadores do campo da botánica, eido ambiental e mesmo do sector económico. Leer más…
PORTOS DE GALICIA INVISTE PRETO DE 60.000 EUROS NA INSTALACIÓN DUNHA NOVA CUBERTA NO EDIFICIO DE DEPARTAMENTOS DE CESANTES
Portos de Galicia vén de dar inicio ás obras de reposición da cuberta do edificio de departamentos do porto de Cesantes, no concello pontevedrés de Redondela. O ente público realizará un investimento de 58.800 euros na instalación dunha nova cuberta. Ante os problemas de filtración de auga nos departamentos para pescadores e as oficinas da Confraría de Redondela, o organismo autonómico promove a colocación dunha nova cuberta de 720 metros cadrados. A actuación incluirá tamén a aplicación de dúas capas de pintura de cor branco no exterior dos departamentos.
Finalmente, a obra completarase coa instalación de 12 unidades de reixa de protección nas portas, que actualmente carecen de elas. O prazo de execución da obra é de, aproximadamente oito semanas, polo que a actuación estará rematada, de non xurdir imprevistos, na última semana de xuño.
TEATRO ENSALLE SIGUE CON SU GIRA NACIONAL Y PRESENTA LA MALEZA EN ARANJUEZ
LA FUNCIÓN NACIDA EN 2010 YA HA ESTADO EN BUENOS AIRES, FORMOSA, ELDORADO, POSADAS (ARGENTINA), ROSARITO, TÉCATE, ENSENADA, MEXÍCALI Y TIJUNA (MÉXICO) Y COMENZARÁ SU GIRA POR
ESPAÑA
El 30 de Abril de 2010 Teatro Ensalle estrenó en Teatro Ensalle la obra La Maleza, que servía en cierto modo para cerrar la trilogía sobre el “hombre como animal político” que abrieron 105 pasos o la mecánica de la carne y La última fila escritas, dirigidas e iluminadas por Pedro Fresneda “Tras abordar en 105 pasos o la mecánica de la carne la situación
política del planeta, la separación radical entre hemisferios y la injusticia reinante entre los que hacen y los que miran; nos sumergimos en La última fila para fijar de algún modo nuestra atención en lo que dimos en llamar la “política individual”, nuestras relaciones y nuestro comportamiento con los que nos rodean.” Ambas fueron seleccionadas
en el Circuito Estatal de Salas Alternativas en 2009 y 2010.
Novacaixagalicia destaca a solidez de España para facer fronte ao pago da súa débeda
-O moderado crecemento do PIB galego non permite consolidar a recuperación
– O turismo cumpre as expectativas cun incremento de viaxeiros do 9,1%
– O economista Adrián Blanco analiza a situación económica de España
12.05.2011. As finanzas públicas e o sistema financeiro español parecen o suficientemente sólidos e sostibles para que España non teña que solicitar axuda para facer fronte ao pago da súa débeda, segundo se desprende dun artigo do economista Adrián Blanco sobre a situación da economía española recollido no Informe de Conxuntura da Economía Galega do 1º trimestre de 2011 que vén de editar o Centro de Investigación Económica e Financeira (CIEF) Novacaixagalicia. A análise deste experto sinala que o nivel de débeda pública de España é significativamente inferior ao doutras economías europeas que tiveron que solicitar axuda e destaca que o plan de austeridade para que o déficit público regrese a niveis sostibles cumpriuse con folgura en 2010. Ademais, o artigo de Adrián Blanco fai fincapé en que España non presenta un descontrol das contas públicas como Grecia, nin un sistema financeiro desmedido avalado polo Estado como Irlanda, nin unha falta de apoio ás medidas de austeridade como Portugal polo que, segundo este economista, cabe esperar que o efecto dominó que provocou o rescate de tres economías europeas remate co episodio de Portugal.
CEPYME considera preocupante el alza de los precios y el repunte de la inflación subyacente
La Confederación Española de la Pequeña y Mediana Empresa (CEPYME) ha considerado preocupante el alza del IPC registrada en el mes de abril, así como el incremento en cuatro décimas, hasta el 2’1 por ciento, de la inflación subyacente, derivado de un repunte del precio de algunos de los componentes del sector servicios. En este sentido, la Confederación señala que la inflación mantiene una tendencia de crecimiento a lo largo del primer semestre del año, derivada del encarecimiento del componente energético y del precio de las materias primas, así como del impacto de la subida de los impuestos que se produjo a mediados del pasado año. La variación interanual del IPC en abril fue del 3,8 por ciento, tasa superior en dos décimas a la registrada en el mes anterior. Este dato confirma la evolución al alza de la inflación motivada en gran parte al impacto del componente energético y en particular por la tendencia ascendente del precio del petróleo. El IPC aumentó un 1,2 por ciento en abril respecto el mes anterior, motivado por el aumento del componente de vestido y calzado y, nuevamente, por los componentes asociados a la evolución del precio de la energía, es decir, la vivienda y el transporte. Se ha de destacar que, excluidos los componentes más volátiles así como los asociados a la estacionalidad de la temporada primavera-verano, se ha producido un nuevo aumento, por encima de lo esperado, en el precio de determinados servicios, lo que ha repercutido tanto en la negativa evolución general de los precios en abril como en el incremento de la inflación subyacente.Por su parte, la variación interanual del Índice de Precios de Consumo Armonizado se estableció en el 3,5%, manteniéndose desde finales del pasado año un diferencial con respecto la evolución de la inflación de la UEM en el entorno de siete décimas porcentuales.
José García Costas, presidente de la Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Vigo
Ante las diversas informaciones aparecidas en varios medios escritos de Galicia, el presidente de la Cámara de Comercio de Vigo, José García Costas, quiere manifestar lo siguiente: “Las Cámaras de Comercio de España, y como no las gallegas, atravesamos un complicado momento a raíz del Real Decreto-ley 13/2010 publicado en el BOE el 3 de diciembre. En el caso de Galicia, esta situación nos llevó a iniciar conversaciones con la Xunta de Galicia, primero a través de la Consellería de Economía e Industria, y recientemente con el propio Presidente de la Xunta de Galicia, con el que mantuvimos un encuentro en Santiago de Compostela. Leer más…
LUCÍA MOLARES PARTICIPA NOS ACTOS DE CELEBRACIÓN DA FESTA DOS MAIOS DO CENTRO DE DÍA ATALAIA NA PRAZA DO MERCADO DE TEIS
A vindeira semana o centro celebra varias xornadas de portas abertas con motivo do seu tercer aniversario. – A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares, participou esta mañá nos actos de celebración da Festa dos Maios que o Centro de día Atalaia organizou para o día de hoxe na Praza do Mercado de Teis. Durante a mañá, os usuarios e traballadores do centro realizaron bailes e cantos convidando ademais aos veciños e veciñas a participar con eles nesta celebración festiva. A responsable da Administración autonómica na cidade quiso sumarse así a estes actos e felicitou ao equipo directivo e aos usuarios e usuarias por levar a cabo este tipo de actividades que conseguen “dinamizar” e “fomentar a participación dos nosos maiores”. Os usuarios e usuarias ademais do equipo directivo levan preparando esta festa dende hai días atrás, xa que a semana pasada estiveron a ensaiar as danzas e os cantos, ademais de estar a recoller as flores coas que adornaron o maio que hoxe estivo presidindo o acto na Praza do Mercado de Teis. Nestas celebracións organizadas polos traballadores do centro Atalaia toma parte tamén un grupo de mulleres participantes no Plan Comunitario de Teis, que habitualmente desenvolve accións conxuntas co centro de día. Lucía Molares gabou así o labor que se está a realizar dende os centros de día para atender aos nosos maiores e recordou que a vindeira semana este centro cumpre tres anos de vida. Neste senso, lembrou que a Xunta –dentro da Rede de centros de atención a persoas maiores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar- xa puxo en marcha o ano pasado o Centro de Día de Coia ademais de lembrar que nos vindeiros meses abrirá as súas portas un novo centro en Valadares. Leer más…