ADMINISTRACIÓNS, UNIVERSIDADES E INVESTIGADORES BUSCAN UNHA ESTRATEXIA COMÚN PARA FREAR A EXPANSIÓN DAS PLANTAS INVASORAS

  • A Consellería do Medio Rural e a Universidade de Vigo organizan estes días unha xuntanza en Vigo con máis de 60 científicos da Península Ibérica
  • A finalidade é establecer unha estratexia de investigación converxente entre os grupos de España e Portugal no eido das especies vexetais foráneas que poñen en perigo o equilibrio dos ecosistemas A Consellería do Medio Rural, a través do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, xunto coa Universidade de Vigo organizan a I Reunión Ibérica sobre plantas invasoras, que ten lugar en Vigo desde hoxe ata o vindeiro sábado, co fin de buscar unha planificación común para frear a expansión deste tipo de plantas. Esta reunión, pioneira en España, ten un marcado carácter interdisciplinar, xa que nela se dan cita investigadores do campo da botánica, eido ambiental e mesmo do sector económico.  A finalidade é establecer unha estratexia de investigación converxente entre os grupos de España e Portugal no eido das especies vexetais foráneas que, traspasando as barreiras dos seus ecosistemas, poñen en perigo o equilibrio doutros. Durante estes días, reúnense en Vigo máis de 63 científicos, dos cales 16 pertencen ás universidades portuguesas de Coimbra, Porto e Lisboa; 24 das galegas e das de Granada e Alcalá de Henares; 4 investigadores do Centro Superior de Investigacións Científicas; 9 representantes de administracións públicas do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño; Xunta de Galicia; técnicos do Parque Nacional e Gardería Medioambiental e os gobernos autonómicos de Asturias e Aragón; así como membros de 10 asociacións e empresas. Cómpre destacar a boa resposta obtida polas administracións e as universidades, unha cita que valoran moi positivamente de cara á loita contra as especies invasoras.

Causas e consecuencias

Son moitas as causas que están detrás do aumento da invasión vexetal, pero todas elas están relacionadas coa globalización, como os transportes a nivel mundial, comercio de especies ornamentais ou novos cultivos. Pero unha vez que unha especie invasora se adapta a un novo ecosistema, o problema ten moi difícil solución e poden poñer en perigo a biodiversidade da contorna de acollida. Ante este problema, os investigadores reclaman unha maior sensibilización para poder atallalo cunha solución que pasa pola prevención. De aí que as administracións busquen respostas áxiles e sinxelas para poder aplicalas de xeito racional.

Especies agresivas

Entre as especies máis agresivas están as mimosas, acacias ou carrizos da Pampa (tamén coñecidos como plumeiros). Algunhas delas teñen o perigo engadido de seren “vistosas e bonitas, polo que a xente non as asume como invasoras, cando en realidade poden facer desaparecer o propio ecosistema.

Ante a demanda de solucións, os expertos inciden sobre todo na prevención porque, cando unha especie con capacidade invasora comeza a estenderse e se adapta ao novo ecosistema, resulta case imposible erradicala. Con todo,  os expertos sinalan  que existe unha lexislación moi estrita no que se refire á entrada de organismos invasores e que hai que ser constante e manter os coidados nas zonas afectadas, posto que sempre quedan raíces ocultas e son moi resistentes e prolíficas, de aí que se convertan en invasoras. Estas plantas tamén poden facer perigar insectos e outros animais, que poden alterar a cadea do ecosistema e provocar danos tamén a nivel económico. Máis alá da prevención, os expertos remarcan que a solución non pode ser xenérica, senón que se deben adoptar medidas específicas para cada espazo, dependendo da súa gravidade, extensión e especies afectadas.

Xornada de traballo

O vindeiro sábado, 14 de maio, haberá unha xornada de traballo no Parque Nacional para explicar as actuacións, en diferentes parcelas, realizadas pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, en relación ás especies alóctonas invasoras.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: