Máis de 1.500 escolares participarán nunha nova edición da iniciativa polo galego 'Correlingua'

A carreira salió da Praza do Rei ás once da mañá e percorrerá Camelias e Praza América para rematar no Parque de Castrelos A cidade de Vigo acolló oxoves día 12 de maio unha nova edición do Correlingua -que este ano se celebra baixo o lema “En galego sempre somos”- na que está previsto que participen uns 1.500 escolares. O comezo está fixado para as 11.00 horas da mañá na Praza do Rei e percorrerá distintas rúas (Camelias, Praza América) até o parque de Castrelos. Ao mesmo tempo, arredor de 500 rapaces e rapazas de Infantil realizarán distintas actividades en Castrelos a partir das once da mañá. En caso de choiva a iniciativa realizarase no Pavillón de Navia. Trátase dunha actividade que se celebra de xeito regular desde o curso 2000-2001, consistente en diferentes carreiras que se celebran en 15 vilas de Galiza, e na que se prevé unha participación de 45.000 rapaces e rapazas procedentes de 400 centros educativos do país.

O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Confederación Intersindical Galega – Ensino (CIG-Ensino), a Mesa pola Normalización Lingüística, e os Concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, e conta tamén coa colaboración das Deputacións de Lugo, A Coruña e Ourense, así como os concellos de Ames e Teo na comarca de Santiago. As entidades organizadoras veñen realizando esta actividade escolar como proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: