mitin Pexegueiro Baixo Miño

“Hai oito anos o alcalde de Tui prometeunos unha garderia municipal, que non chega, prometeunos un novo centro de saúde que tampouco fixo, o PP non fixo nada por Pexegueiro,non merecemos un alcalde así, en Pexegueiro e en Tui merecemos un alcalde que traballe por e para a xente. No BNG temos moitos proxectos, moitas ideas e moitas gañas de traballar e só falta que nos votedes” asi remataba onte a sua intervención a candidata pola parroquia de Pexegueiro, Mª Carmen Núñez Méndez. Despois deu a palabra a Xosé Luis Pérez Román, numero 14 da lista e veciño de Pexegueiro. Luis “O mestre” falou para os seus con familiaridade e presenteouse lembrando como foi a sua chegada á parroquia, entre anecdotas e chascarrillos, provocando as risas do numeroso público que se achegou ata o centro cultural. “Cando me ofreceron ir na candidatura do BNG, decateime de que a lista esta composta por xente traballadora e moi preparada, que non precisa da política para medrar e que estan neste proxecto para traballar por Tui, porque na política se está para servir ó pobo e non para mandar” con estas verbas remataba o seu discurso para dar paso ó candidato á Alcaldia, Laureano Alonso. Laureano fixo un rapido repaso á tromentosa situación política dos ultimos catro anos anos, que provocou unha nula xestión, adicada únicamente o plan “E”, mais nestes catro anos o BNG foi que levar ao concello propostas que se puxeron en marcha, para ben de todos e todas, como son a Escola oficial de idiomas, o Obradoiro de emprego (que da traballo a 25 persoas), o reinicio do PECH, a eurocidade Tui-Valença ou a rede Wifi, gratuita e municipal, por poñer alguns exemplos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: