Archive | mayo 13, 2011

Noticias Ayuntamiento de Vigo – 13-05-11 Galicia


O alcalde anuncia para xuño un voo Vigo-As Palmas e avanza que está “moi adiantado” o acordo para volar a Málaga e Baleares

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres que a compañía Orbest unirá Peinador con As Palmas desde o próximo mes de xuño sen achegas municipais, ao tempo que as conversas avanzan para abrir outras rutas a Málaga, Baleares, Valencia e Sevilla. Caballero indicou que o tráfico incrementouse o mes pasado con respecto a abril de 2010 grazas aos viaxeiros do voo subvencionado polo Concello, o Vigo-Londres, que aportou 1.200 nos seus primeiros quince días.

 


Santi Domínguez inaugura “O son das ondas”, mostra que culmina a aposta por facer de Castrelos o Museo da Cidade

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurpou este venres a mostra “O son das ondas. O Vigo medieval e a lírica trobadoresca”, instalada en sete salas do segundo andar do Museo Quiñones de León, onde permanecerá aberta durante un ano. O nacionalista destacou que hoxe dase un paso máis no obxectivo de que o Museo de Castrelos “fora realmente o Museo da Cidade” e no coñecemento da nosa cidade.

 

Os gañadores do XIII Concurso de piano “Ría de Vigo” actúan mañá sábado no Conservatorio Superior de Música

Na aposta por ofrecer oportunidades de promoción aos novos talentos, os gañadores e as gañadoras do XIII Concurso de piano “Ría de Vigo” ofrecerán mañá ás 20 horas un concerto no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música, de entrada libre. Ademais dos premios económicos, a gravación deste concerto nun CD é un dos atractivos deste concurso, que organizan a Concellería de Cultura e o Real Club Náutico.

 

O Auditorio Municipal acolle o domingo o espectáculo “Ilusionarte”, do Mago Marttyn

Dentro do programa “Con t minúsculo” que organiza a Concellería de Cultura no Auditorio Municipal, o domingo, 15 de maio ás 18 horas, terá lugar o espectáculo do Mago Marttyn “Ilusionarte”. Recomendado para todos os públicos, as entradas teñen un prezo de 3 euros para os nenos e nenas ata 12 anos e 5 euros para os maiores. Pódense adquirir na web http://www.laboleteria.es ou na taquilla dende unha hora antes do comezo da actuación.

 

A Biblioteca Xosé Neira Vilas únese aos actos do Día das Letras cun recital sobre Lois Pereiro o 16 de maio

A Concellería de Cultura informa de que a Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas únese ás celebracións do Día das Letras Galegas, cun acto que terá lugar o vindeiro luns, 16 de maio ás 19 horas, arredor da figura do escritos homenaxeado este ano, Lois Pereiro. A asistencia a este acto é libre ata completar o aforamento.

 


Actividades en Vigosónico

Vigosónico é un gran espazo adicado á música: locais de ensaio, estudio de gravación, sala de concertos…e está destinado á mocidade viguesa en xeral pero sobre todo a mocidade que se relaciona dalgun xeito coa música: compoñendo, tocando, ensaiando, escoitando…

 


Reiníciase no MARCO a programación para escolares e familias

A partir desta semana, o MARCO retoma a programación para escolares e público familiar. O programa xira ao redor da exposición do artista británico MARTIN CREED.‘A METADE DO AIRE’ é o nome xenérico deste conxunto de actividades, visitas e talleres, con propostas específicas e diferenciadas para alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria. A exposición de Martin Creed e o traballo deste artista ofrecen múltiples posibilidades didácticas, de aprendizaxe e de desfrute para todas as idades.

Aprobación inicial de bases e estatutos da xunta de compensación APR AOD A-3-39 Fonte Alvite
Peche da rúa Médico Jose Mato ao tráfico

Convocatoria de subvencións para programas de actividades socioculturais 2011

 

A RAIA LOITADORA SAE ADIANTE NO MUSEO DO MAR

Convértese no primeiro peixe nacido no acuario de Alcabre

Será exhibida ao público durante o Día Internacional dos Museos

O acuario do Museo do Mar de Galicia está estes días de festa, ao constatar que Loitadora, unha pequeña raia de apenas uns centímetros, medra forte y rápidamente. Loitadora é o primeiro peixe que nace no acuario. Formou parte dun grupo de 89 ovos –as raias poden poñer dunha soa quenda ata 150-, e a única que saíu adiante. Tivo que pelexar moi duro, pois naceu prematura tras 7 meses de incubación, ata o punto que, como se pode aprezar nunha das imaxes adxuntas, matívosa unida ao seu vitelo durante 1 mes, o tempo que tardou en reabsorbelo. A súa, pois, é unha pequena gran historia de loita pola vida, de ahí o seu nome. Leer Más…

Novacaixagalicia conmemora o Día das Letras coa actividade ‘Lois Pereiro e a década dos 80’

Con esta proposta, a caixa únese tamén á conmemoración do Día dos Museos

A iniciativa levarase a cabo nos Espazos Colección Novacaixagalicia de Vigo e Santiago

Novacaixagalicia organiza o próximo martes 17 de maio, con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas -17 de maio- e o Día Internacional dos Museos -18 de maio-, unha visita guiada diferente aos dous museos da súa Colección de Arte, ubicados nos centros sociais de Vigo (Policarpo Sanz, 26) e Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 17). A proposta preséntase baixo o título ‘Lois Pereiro e a década dos 80’ e ten como obxectivo afondar na obra do poeta monfortino, relacionándoa co panorama artístico da súa época. Como la conmemoración de las Letras Galegas coincide este año con el Día Mundial de Internet también habrá una mención especial a la web de la Colección Novacaixagalicia, Leer Más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA AMPLIA O COMPROMISO COA VIABILIDADE DAS EMPRESAS GALEGAS CO NOVO RE-BROTE 2011

O re-Brote está orientado a aumentar as respostas positivas das entidades financeiras ás empresas galegas con proxectos viables

  • Guerra destaca que a Xunta incorpora na convocatoria deste ano un maior compromiso público nos avais deste programa, ao elevar até en 10 puntos porcentuais a cobertura e a posibilidade de ampliar o prazo de vixencia
  • O conselleiro sinala que “a actividade empresarial é unha das bazas máis potentes para reactivar a economía galega”
  • A nova edición do re-Brote servirá para cubrir ata o 50% das pólizas de crédito para circulante, até o 60% nas liñas de crédito para adianto de facturas e ata o 70% no caso de pólizas de xestión de pagamentos a provedores
  • O conselleiro destacou que, a través do Igape, a Consellería de Economía e Industria concedeu ou mobilizou no período actual avais por importe de 273 millóns de euros, un 82% máis que no bienio anterior

Agenda semanal CFV – Vigo

MIÉRCOLES, 18 DE MAYO

  • Almuerzo-coloquio con José Oliu, presidente del Banco Sabadell.

LUGAR: Comedor general

HORA: 14:00

El presidente del Banco Sabadell, José Oliu, es el próximo invitado de la Tribuna CFV, desde la que hablará a los socios del Círculo de Empresarios de Galicia sobre ‘Perspectivas económicas’. Oliu será presentado en este acto por José Silveira, presidente del Grupo Nosa Terra 21.

Previamente al acto, sobre las 13.30 horas, el presidente del Sabadell atenderá a los medios de comunicación que lo deseen.

MIÉRCOLES, 18 DE MAYO

  • Rueda de prensa para presentar la jornada de oferta y demanda tecnológica.

LUGAR: Sala VIP

HORA: 17:00

La jornada se celebrará durante el IV Congreso Internacional de la Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia, y está organizada conjuntamente por la Plataforma Tecnolóxica Galega de Loxística, Loxisga, AJE y el Círculo de Empresarios de Galicia. En la misma, las empresas expondrán sus principales demandas tecnológicas, y los agentes de innovación (centros tecnológicos y grupos de investigación) mostrarán las posibilidades existentes para atender dichas demandas.

 

JUEVES, 19 DE MAYO

 

  • VII Encuentro de Ciclo Macroeconómico.

 

LUGAR: Sala Arquitecto Palacios

HORA: 9:30

 

Luar na Lubre presenta ‘Solsticio’ no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo

O traballo mestura sons tradicionais e a raíz popular galega coa música medieval

O Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo acolle este sábado 14 de maio, ás 20.30 horas, a presentación na cidade do undécimo traballo de Luar na Lubre, titulado ‘Solsticio’. A formación musical cumpre un cuarto de siglo sobre os escenarios coa música tradicional galega e as raíces celtas como bandeira. As entradas para a función están xa á venda a través das canles habituales: http://www.servinova.com e a billeteira telefónica 902 504 500.

 

programación Día Letras Galegas e Día Internacional Museos

Bo día, os vindeiros martes 17 e mércores 18 de maio conmemóranse respectivamente o Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos. O museo Verbum – Casa das Palabras súmase a estas dúas celebracións coa programación que se achega. DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011
Martes 17 de maio de 2011
GRAVACIÓN DE TEXTOS DE LOIS PEREIRO (de 10
a 19 horas) Leer Más…

La competitividad industrial en los países low-cost y las claves para superar la crisis centran dos seminarios en la Cámara

  • Las jornadas, que se celebrarán los días 24 y 25 de mayo respectivamente, se enmarcan dentro del Programa Diversifica.
  • – La formación sigue siendo una de las grandes apuestas en las Cámaras de Comercio para ayudar a las empresas, y los programas desarrollados por las mismas contemplan en gran medida estas acciones. Los días 24 y 25 de mayo la institución cameral viguesa acogerá dos interesantes seminarios que se enmarcan dentro del Programa Diversifica. Leer Más…

O desacordo entre a Comunidade de Montes de Setados e Minas del Condado deixa na rúa 10 traballadores/as

Unha sentenza obrigou á empresa das Neves, inmersa nun ERE, a abandonar o terreo comunal que ocupaba dende hai 15 anos O desacordo entre a Comunidade de Montes de Setados e a empresa Minas del Condado na renovación do contrato de aluguer dos terreos que ocupa a compañía de áridos das Neves ameaza con deixar na rúa aos seus 10 traballadores/as. Unha sentenza vén de obrigar á firma a abandonar as instalacións, o que motivou a presentación dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que afecta a todo o cadro de persoal. Minas del Condado, que adebeda varios meses de salario aos empregados/as, pretende agora conseguir a expropiación por ocupación.O conflito remóntase ao mes de novembro, data na que finalizou a concesión por 15 anos que permitía á empresa ocupar os terreos comunais, situados na zona de Vide. As negociacións enquístanse sen que as partes cheguen a un acordo no prezo do aluguer despois de que a comunidade de montes solicitase o dobre do que Minas del Condado viña pagando até o momento. Sexa como for, o caso é que os máis prexudicados son os 10 empregados/as, que se atopan inmersos nun ERE e sen cobrar parte dos seus salarios e pagas extra. Concretamente, teñen pendente o cobro de parte da nómina de marzo e toda a de abril, a paga extra de decembro e uns días de maio. Leer Más…

Novacaixagalicia aumenta en abril un 16% o volume de financiamentos a pemes, empresas e autónomos

A entidade destina ata abril 2.900 millóns de euros ao financiamento a empresas
Novacaixagalicia concede preto de 8.000 créditos a pemes, empresas e autónomos
Máis de 1.500 empresarios de toda Galicia asisten ás charlas informativas da caixa
Novacaixagalicia realizou preto de 8.000 operacións de financiamento a pemes, empresas e autónomos por un importe total de 2.900 millóns de euros no que vai de 2011. O importe de novas formalizacións foi crecendo ao longo do ano, sendo no mes de abril un 16% superior ao mes anterior, coincidindo coa posta en marcha por parte da entidade galega do ‘Plan de mobilización do crédito’. Do total de operacións formalizadas, máis do 75% formalizáronse a través de liñas de financiamento de circulante, mentres que, a través de préstamos a longo prazo formalizáronse o 20% das operacións.