A RAIA LOITADORA SAE ADIANTE NO MUSEO DO MAR

Convértese no primeiro peixe nacido no acuario de Alcabre

Será exhibida ao público durante o Día Internacional dos Museos

O acuario do Museo do Mar de Galicia está estes días de festa, ao constatar que Loitadora, unha pequeña raia de apenas uns centímetros, medra forte y rápidamente. Loitadora é o primeiro peixe que nace no acuario. Formou parte dun grupo de 89 ovos –as raias poden poñer dunha soa quenda ata 150-, e a única que saíu adiante. Tivo que pelexar moi duro, pois naceu prematura tras 7 meses de incubación, ata o punto que, como se pode aprezar nunha das imaxes adxuntas, matívosa unida ao seu vitelo durante 1 mes, o tempo que tardou en reabsorbelo. A súa, pois, é unha pequena gran historia de loita pola vida, de ahí o seu nome. A equipa do acuario do Museo do Mar preparoulle unha mistura de artemisa e misis –pequenos crustáceos- durante as dúas primeiras semáns, e agora aliméntase con anaquiños de mexilón, gamba pelada, merluza e calamar. Loitadora permanece na zona de cuarentena do acuario, pechada ao público, debido a que polo seu pequeno tamaño podería ser devorada por outros peixes. Nembargantes, durante o Día Internacional dos Museos, que se celebra o vindeiro martes, será exhibida no acuario dentro dunha caixiña protectora transparante, para que podan contemplala todos os visitantes. Pasado o día de festa, voltará ao seu berce na cuarentena, onde seguirá medrando con tranquilidade ata que acade o tamaño adecuado para defenderse por sí soa.

 

Imaxes:

1.- Momento do parto de Loitadora. Pódese apreciar o ovo saíndo do ventre da nai.

2.- Loitadora ao pouco de nacer, unido aínda ao seu vitelo.

3.- Vídeo de Loitadora no seu berce da cuarentena do Acuario.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: