Noticias Ayuntamiento de Vigo – 13-05-11 Galicia


O alcalde anuncia para xuño un voo Vigo-As Palmas e avanza que está “moi adiantado” o acordo para volar a Málaga e Baleares

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres que a compañía Orbest unirá Peinador con As Palmas desde o próximo mes de xuño sen achegas municipais, ao tempo que as conversas avanzan para abrir outras rutas a Málaga, Baleares, Valencia e Sevilla. Caballero indicou que o tráfico incrementouse o mes pasado con respecto a abril de 2010 grazas aos viaxeiros do voo subvencionado polo Concello, o Vigo-Londres, que aportou 1.200 nos seus primeiros quince días.

 


Santi Domínguez inaugura “O son das ondas”, mostra que culmina a aposta por facer de Castrelos o Museo da Cidade

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurpou este venres a mostra “O son das ondas. O Vigo medieval e a lírica trobadoresca”, instalada en sete salas do segundo andar do Museo Quiñones de León, onde permanecerá aberta durante un ano. O nacionalista destacou que hoxe dase un paso máis no obxectivo de que o Museo de Castrelos “fora realmente o Museo da Cidade” e no coñecemento da nosa cidade.

 

Os gañadores do XIII Concurso de piano “Ría de Vigo” actúan mañá sábado no Conservatorio Superior de Música

Na aposta por ofrecer oportunidades de promoción aos novos talentos, os gañadores e as gañadoras do XIII Concurso de piano “Ría de Vigo” ofrecerán mañá ás 20 horas un concerto no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música, de entrada libre. Ademais dos premios económicos, a gravación deste concerto nun CD é un dos atractivos deste concurso, que organizan a Concellería de Cultura e o Real Club Náutico.

 

O Auditorio Municipal acolle o domingo o espectáculo “Ilusionarte”, do Mago Marttyn

Dentro do programa “Con t minúsculo” que organiza a Concellería de Cultura no Auditorio Municipal, o domingo, 15 de maio ás 18 horas, terá lugar o espectáculo do Mago Marttyn “Ilusionarte”. Recomendado para todos os públicos, as entradas teñen un prezo de 3 euros para os nenos e nenas ata 12 anos e 5 euros para os maiores. Pódense adquirir na web http://www.laboleteria.es ou na taquilla dende unha hora antes do comezo da actuación.

 

A Biblioteca Xosé Neira Vilas únese aos actos do Día das Letras cun recital sobre Lois Pereiro o 16 de maio

A Concellería de Cultura informa de que a Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas únese ás celebracións do Día das Letras Galegas, cun acto que terá lugar o vindeiro luns, 16 de maio ás 19 horas, arredor da figura do escritos homenaxeado este ano, Lois Pereiro. A asistencia a este acto é libre ata completar o aforamento.

 


Actividades en Vigosónico

Vigosónico é un gran espazo adicado á música: locais de ensaio, estudio de gravación, sala de concertos…e está destinado á mocidade viguesa en xeral pero sobre todo a mocidade que se relaciona dalgun xeito coa música: compoñendo, tocando, ensaiando, escoitando…

 


Reiníciase no MARCO a programación para escolares e familias

A partir desta semana, o MARCO retoma a programación para escolares e público familiar. O programa xira ao redor da exposición do artista británico MARTIN CREED.‘A METADE DO AIRE’ é o nome xenérico deste conxunto de actividades, visitas e talleres, con propostas específicas e diferenciadas para alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria. A exposición de Martin Creed e o traballo deste artista ofrecen múltiples posibilidades didácticas, de aprendizaxe e de desfrute para todas as idades.

Aprobación inicial de bases e estatutos da xunta de compensación APR AOD A-3-39 Fonte Alvite
Peche da rúa Médico Jose Mato ao tráfico

Convocatoria de subvencións para programas de actividades socioculturais 2011

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “Noticias Ayuntamiento de Vigo – 13-05-11 Galicia”

  1. buy facebook poker chips dice :

    Good website! I really love how it is simple on my eyes and the data are well written. I’m wondering how I might be notified whenever a new post has been made. I’ve subscribed to your RSS feed which must do the trick! Have a nice day!

  2. facebook poker chips dice :

    Hi are using WordPress for your site platform? I’m new to the blog world but I’m trying to get started and create my own. Do you need any coding knowledge to make your own blog? Any help would be greatly appreciated!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: