O desacordo entre a Comunidade de Montes de Setados e Minas del Condado deixa na rúa 10 traballadores/as

Unha sentenza obrigou á empresa das Neves, inmersa nun ERE, a abandonar o terreo comunal que ocupaba dende hai 15 anos O desacordo entre a Comunidade de Montes de Setados e a empresa Minas del Condado na renovación do contrato de aluguer dos terreos que ocupa a compañía de áridos das Neves ameaza con deixar na rúa aos seus 10 traballadores/as. Unha sentenza vén de obrigar á firma a abandonar as instalacións, o que motivou a presentación dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que afecta a todo o cadro de persoal. Minas del Condado, que adebeda varios meses de salario aos empregados/as, pretende agora conseguir a expropiación por ocupación.O conflito remóntase ao mes de novembro, data na que finalizou a concesión por 15 anos que permitía á empresa ocupar os terreos comunais, situados na zona de Vide. As negociacións enquístanse sen que as partes cheguen a un acordo no prezo do aluguer despois de que a comunidade de montes solicitase o dobre do que Minas del Condado viña pagando até o momento. Sexa como for, o caso é que os máis prexudicados son os 10 empregados/as, que se atopan inmersos nun ERE e sen cobrar parte dos seus salarios e pagas extra. Concretamente, teñen pendente o cobro de parte da nómina de marzo e toda a de abril, a paga extra de decembro e uns días de maio.

Dende a CIG-Construción critican que a Xunta de Galiza aceptase a documentación do ERE sen ter mediado para intentar solucionar o desencontro, de igual xeito que o alcalde das Neves, “que non moveu un dedo para salvar unha das poucas empresas que quedan no concello”. Minas del Condado, propiedade do Grupo de Empresas Crisóstomo, permanece sen actividade dende o pasado 19 de abril, cando se executou a orde de desafiuzamento ditada polo xulgado a instancia dos comuneiros, que presentaran unha denuncia porque a empresa levaba xa un ano en situación irregular. A compañía pretende agora que se lle permita seguir nos terreos, para o que solicitou a ocupación por expropiación. Con todo, os traballadores/as desconfían que os propietarios de Minas del Condado pretenden desmantelar a firma para trasladala sen cargas a outro lugar, tendo en conta o xeito en que se levaron as negociacións e que ten contraidas distintas débedas con empresas de transporte.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: