programación Día Letras Galegas e Día Internacional Museos

Bo día, os vindeiros martes 17 e mércores 18 de maio conmemóranse respectivamente o Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos. O museo Verbum – Casa das Palabras súmase a estas dúas celebracións coa programación que se achega. DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011
Martes 17 de maio de 2011
GRAVACIÓN DE TEXTOS DE LOIS PEREIRO (de 10
a 19 horas)
POESÍA ÚLTIMA DE LOIS PEREIRO. TEATRO DE
OBXECTOS (de19 a 20 horas)
ENTRADA GRATUÍTA PARA TODOS OS
ASISTENTES   Co gallo do día das Letras Galegas, o museo Verbum ten preparada esta programación arredor do poeta homenaxeado este ano, Lois Pereiro.
GRAVACIÓN DE TEXTOS DE LOIS PEREIRO. En horario de 10 a 19 horas, todo aquel interesado poderá facer a súa aportación gravando un texto-poema do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas. O museo Verubm editará, como todos os anos un cd coas gravacións que estarán ao dispor dos que así o soliciten e un enlace web para descargar o arquivo.
POESÍA ÚLTIMA DE LOIS PEREIRO. TEATRO DE OBXECTOS. Poesía Última de Lois Pereiro é un espectáculo de teatro de obxectos con música en directo baseado en textos do poeta Lois Pereiro. A partir dos seus poemas, e mediante o recurso explorado polo propio Lois de converterse en narrador de si mesmo, relátanse en primeira e terceira persoa os dous últimos
anos da súa vida. A posta en escena é simple e innovadora. As letras que conforman o título do espectáculo van construíndo palabras que nomean os espazos, obxectos e sentimentos que acompañaron a Lois e as súas relacións e amizades, personaxes que se materializan baixo a forma das iniciais dos seus nomes. A sonoplastia, creada por Benxa Otero e tocada en directo por el mesmo con sintetizador e lupeadora, axuda a crear os ambientes necesarios e a ilustrar algúns dos espazos que recorreu Lois (o hospital, a praia de Barrañán, o bar Parrús no Orzán, a súa casa…). Esta banda sonora mestura composicións propias con fragmentos de pezas queridas e escoitadas por Lois de Pata Negra, Zeca Afonso, Satie, Mahler, Bach, etc.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: