BNG campaña Vigo 2011

 

SANTI DOMÍNGUEZ EXPRESA O SEU APOIO AO CANDIDATO Á ENTIDADE LOCAL MENOR DE BEMBRIVE

. O candidato nacionalista á alcaldía estivo esta tarde en Bembrive, no mitin que tivo lugar no Centro Cultural Helios. Alí, pediu o apoio dos veciños da parroquia para o candidato á Entidade Local Menor (ELM) Roberto Fernández Vila, de quen dixo que “era unha persoa moi preparada e con moitas gañas de traballar por Bembrive”. Nese sentido, recordou a aposta dos nacionalistas por “un Vigo policéntrico, onde todos os barrios e parrquias conten cos mesmos servizos.”

SANTI DOMÍNGUEZ VISITA VULCANO PARA EXPRESAR O COMPROMISO DO BNG CO NAVAL

Santi Domínguez, candidato do BNG á alcaldía de Vigo, participou esta mañá nunha visita ao estaleiro Vulcano, onde se reuniu con membros da dirección e do comité de empresa. O candidato estivo acompañado por outros membros da candidatura, como María Méndez ou Manuel Caride, e outros cargos da organización, como a deputada no Congreso Olaia Fernández Davila, o deputado galego Henrique Viéitez e a futura eurodeputada Ana Miranda.


 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: