Campaña municipal Psoe en vigo 2011

ABEL CABALLERO GARANTIRÁ AS VIVENDAS DE PROTECCIÓN
Crearase un parque municipal de vivendas en aluguer para os vigueses con ingresos baixos Mobilizará vivendas baleiras cara o aluguer protexido “ Apostamos polo acceso a unha vivenda digna para todos os vigueses fronte o modelo da especulación urbanística e os privilexios do PP” Reta a Porro a debater para contrastar as propostas electorais
O candidato a Alcaldía de Vigo, Abel Caballero, garantiu durante a presentación das súas medidas en materia de vivenda para os vindeiros catro anos, que traballará para seguir fomentando a construción de vivendas de promoción municipal porque todos os vigueses e viguesas teñen dereito a unha vivenda digna. “É preciso lembrar que o acceso a vivenda é un dereito fundamental
recoñecido pola nosa Constitución, é un principio básico da nosa sociedade e temos que traballar na súa defensa, evitando que se converta nun artigo de luxo ao alcance de só uns poucos” sinalou Caballero. Una das medidas que contempla o programa co que Caballero concorre ás próximas eleccións municipais é continuar co desenvolvemento do 48% de vivenda protexida nos ámbitos do PXOM “En maio abrimos o prazo de inscrición para optar a 453 vivendas públicas en solo municipal nas zonas do Calvario, Ramón Nieto, Aragón e San Roque, entre outros, ás que poderán optar os vigueses cunha renda que non supere os 47.000 euros, e queremos seguir apostando polas vivendas de protección, desenvolvendo 10.000 xa planificadas” destacou Caballero.

ABEL CABALLERO REAFIRMA O SEU COMPROMISO COA EDUCACIÓN PÚBLICA E DE CALIDADE
Anuncia a posta en marcha dunha Rede Municipal de Garderías Compromete a xeralización das becas para o estudio de idiomas no estranxeiro Vigo será o referente da UNED para o continente americano
. O candidato á Alcaldía de Vigo, Abel Caballero comprometeu nun encontro celebrado con 60 representantes de comunidade educativa de Vigo apostar pola defensa dunha ensinanza pública de calidade que garanta a cohesión social e a igualdade de oportunidades entre todos as nenas nenos vigueses. Caballero subliñou que durante os últimos catro años se traballou para
dar cobertura educativa integral á cidadanía, duplicándose o número de prazas nas garderías municipais grazas a construción de 7 novos centros e que esa vai seguir sendo a súa liña de traballo. “En colaboración coas empresas e as asociacións veciñais e culturais da cidade construiremos 13 novas garderías, ampliando así a Rede Municipal de Garderías. As empresas que colaboren neste proxecto terán unha redución do 10% no Imposto de Sociedades e tamén os beneficios no Imposto de Actividades Económicas. Ademais estableceremos un programa de axudas para garderías matinais para as rendas máis baixas, favorecendo a conciliación familiar e laboral” destacou o candidato á Alcaldía de Vigo.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: