PSOE Vigo campaña

SILVA SUXIRELLE A PORRO QUE USE AS GAFAS DO CARTEL ELECTORAL “PARA VER SE ASÍ É CAPAZ DE RECOÑECER A TRANSFORMACIÓN QUE  EXPERIMENTOU A CIDADE”
Asegura que a única preocupación da cabeza de lista do PP “é que Feijóo lle busque un posto cando perda as eleccións
municipais” A número dous da candidatura critica á lider popular por incumprir a súa promesa de cesar no Porto antes das
eleccións  A número dous da candidatura socialista, Carmela Silva, suxírelle a Corina Porro que se “poña as gafas que luce
nos carteis a ver si así é capaz de recoñecer a enorme transformación que esta ciudade experimentou nos últimos catro anos”. En opinión da senadora, a cabeza de lista do PP está tan preocupada de “buscar un sillón” que non é capaz de prestar atención ao que pasa no seu arredor. Silva cualifica de inadmisible que Porro admita públicamente que a súa única preocupación é ela mesma e indicou que esa actitude é o que máis separa ao PSOE do PP: “a nosa preocupación é Vigo, a dela é que o señor Feijóo lle busque un posto cando perda as eleccións municipais”.

CABALLERO ABOGA POR INTENSIFICAR O TRANSPORTE PÚBLICO AOS HOSPITAIS E GRANDES CENTROS DE TRABALLO
A inciativa baséase nun sistema radial de liñas que permita o acceso aos hospitais desde calquera barrio ou parroquia
O candidato socialista detallou un plan de mobilidade e tráfico “realizable, realista e asumible” , redactado despois de “escoitar as
peticións dos cidadáns” Nos últimos catro anos puxéronse en marcha 5 novas liñas e renovouse a flota con 35 novos autobuses ecolóxicos e adaptados  Rediseñar o transporte público, establecendo un sistema radial con todos os centros hospitalarios ao que se poida chegar desde todas as parroquias da cidade é a proposta “estrela”, en temas de tráfico, que Abel Caballero porá en marcha nos próximos catro anos. Este plan forma parte dunha batería de iniciativas de mobilidade que os socialistas presentaron hoxe aos medios de comunicación, “tras escoitar moito as peticións dos cidadáns”, explicou Caballero. O mesmo sistema radial -indicou- extenderase de forma xeralizada aos centros de traballo, na mesma liña que xa funcionan en Citroën ou no Parque
Tecnolóxico. Neste senso, o candidato socialista reseñou a importancia de consensuar horarios coas empresas. Respecto á ampliación do número de paradas, incidiu na necesidade dalgúns sitios, como o Meixoeiro, no que “as marquesinas deben estar xusto diante das portas”.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja un comentario