Archive | mayo 16, 2011

A xunta LICITARÁ O VINDEIRO MÉRCORES AS OBRAS da glorieta na travesía de arbo co obxectivo de mellorar a seguridade vial neste concello pontevedrés

  • A Consellería de Medio Ambiente, a través da Sociedade Pública de Investimentos (SPI), investirá neste proxecto 208.454 euros
  • A execución desta infraestrutura permitirá reordenar a intersección no punto quilometrico 18+550 da estrada PO-400 para mellorar a visibilidade e a seguridade do vial
  • Medio Ambiente está a redactar tamén o proxecto de mellora dunha segunda intersección da estrada PO-400 á altura do quilométrico 19+660 Leer Más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA CREACIÓN DE EMPRESAS

NO PRIMEIRO TRIMESTRE DESTE ANO CREÁRONSE EN GALICIA 1.173 NOVAS EMPRESAS, UN 29% MÁIS QUE NO ÚLTIMO TRIMESTRE DE 2010

  • A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia dispón, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e das súas sociedades, dun amplo catálogo de servizos, ferramentas e apoios orientados a facilitar a creación e novas empresas e a apoiar a súa consolidación no mercado
  • No pasado mes de marzo creáronse 435 novas sociedades en Galicia, un 13,3% máis que en febreiro
  • O incremento na creación de novas sociedades na comunidade autónoma con respecto ao primeiro trimestre do ano pasado foi do 6,4%
  • Confírmase, deste xeito, a tendencia ao incremento na creación de novas empresas que se iniciou durante o pasado ano

O MUSEO DO MAR CELEBRARÁ MAÑÁ O DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS CUNHA AMPLA OFERTA CULTURAL E LÚDICA

Presentará en exclusiva o filme galego O mar da fin do mundo, gañador do primeiro premio do Festival  de Cine Submariño de San Sebastián

A xornada festiva conxugará actividades para os máis pequenos, como obradoiros ou espectáculos musicais, a proxección de documentais e inauguracións de exposicións fotográficas Leer Más…

MOVISTAR PRESENTA “MI NEGOCIO HABLA”, TARIFAS PLANAS DESDE SÓLO 15 EUROS AL MES PARA PYMES Y AUTÓNOMOS

Las nuevas tarifas se integran como modalidades del Contrato Negocios.

• Estarán disponibles hasta seis opciones que cubren diferentes franjas horarias y volumen de minutos
• Las nueva oferta de tarifas planas permite realizar llamadas a todos los destinos nacionales a cero céntimos el minuto sin establecimiento de llamada
• Suponen franquicia de minutos única para todos los destinos nacionales sin distinguir operador Leer Más…

O cantante Josele Santiago e o músico Pablo Novoa actúan o vindeiro mércores no Auditorio Municipal

.- O Auditorio Municipal acollerá o vindeiro mércores, 18 de maio, a seguinte actuación que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultura neste remodelado recinto. Trátase do concerto que o cantante Josele Santiago e o músico Pablo Novoa ofrecerán ás 20.30 horas, para o que as entradas teñen un prezo de 10 euros e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.Josele Santiago é compositor, cantante, letrista e guitarrista dende hai máis de dúas décadas. Coa banda “Los Enemigos”  publicou 14 discos en 17 anos, mentres que coa súa carreira en solitario leva tres traballos publicados ata o momento, “Las golondrinas etcétera” no 2004, “Garabatos” no 2006 e “Loco encontrao” no 2008. Sempre acompañado dunha banda de músicos incuestionables, destaca pola súa particular maneira de reinterpretar xéneros clásicos como o rock, blues e swing, xa sexa achegándose a dende o acústico ou dende o eléctrico, xa sexa en medios tempos ou acelerando a velocidade do metrónomo, ou espindo cancións ata o esqueleto O vigués Pablo Novoa formou parte de diversos grupos como Golpes Bajos nos oitenta ou La Marabunta nos noventa, así como responsable da dirección musical do programa da TVG Xabarín Club. As colaboracións con outros artistas, como Nacho Mastretta, Iván Ferreiro, Julieta Benegas, Los Ronaldos ou o propio Josele Santiago, teñen sido unha constante na súa carreira. No 2008 publicou o seu disco en solitario “Novoa cruza el Atlántico”.