A XUNTA AMOSA O SEU APOIO AO CLUB DE FÚTBOL FEMININO EL OLIVO DE VIGO, QUE ACADA DE ASCENDER Á SUPERLIGA

O secretario xeral para o Deporte e a delegada da Xunta en Vigo felicitaron ás xogadoras e a outros membros do club porque, co seu triunfo, é a primeira vez que Galicia conta cun equipo na máxima categoría do fútbol feminino

–  Lete Lasa destacou que o Goberno galego aumentou nun 32% as axudas dirixidas aos clubs deportivos que, por primeira vez, benefician a un total de 1.013 entidades.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, reuníronse hoxe ás xogadoras e ao equipo técnico e directivo do Club de Fútbol Feminono El Olivo de Vigo con motivo do seu ascenso á Superliga, a máxima división do fútbol feminino Lete Lasa transmitiulles ás xogadoras e aos membros do club a felicitación do presidente do Executivo galego, Alberto Núñez feijóo, e de todos os galegos e galegas porque, co seu triunfo, é a primeira vez que Galicia conta cun equipo na máxima categoría do fútbol feminino. “É digno de recoñecer porque é algo que nunca se fixera antes”, valorou. O secretario xeral para o Deporte amosou o apoio da Administración autonómica a “proxectos viables coma este” e avogou por realizar unha “aposta importante” por clubs coma El Olivo. Neste senso, destacou que a Xunta de Galicia aumentou nun 32% as axudas dirixidas aos clubs deportivos que, por primeira vez, benefician a un total de 1.013 entidades e comprometeuse a manter as mesmas cuantías que ata o de agora. Dende a entrada do novo Goberno, a Xunta de Galicia destinou ata 5,4 millóns de euros aos clubs de deporte base, aos que lles correspondeu unha contía de 3,4 millóns de euros; e aos de alta competición, para os que se designaron 2 millóns de euros. Lete aproveitou a xuntanza para reiterar o apoio da Xunta aos clubs de alta competición por seren o sustento do deporte base e, neste punto, lembrou que a Secretaría Xeral para o Deporte puxo en marcha desde a tempada 2009-2010 o Plan de Patrocinio aos equipos galegos de alta competición.

 

Pola súa banda, na súa intervención, a delegada territorial da Xunta en Vigo lembrou os comezos do equipo feminino El Olivo e resaltou o “exemplo” que son para futuras xeracións e, sobre todo, para moitas nenas. “Fostes unha brecha importante para que moitas outras nenas se iniciaran neste deporte tradicionalmente masculinizado”, engadiu, felicitándoas así por “chegar ao máis alto da competición”. O club de fútbol feminino El Olivo creouse no ano 2004 e está presidido por Balbino Moreira, o seu adestrador é Eduardo González, e o responsable da sección de fútbol feminino é Juan Carlos Padín. Na liga de primeira nacional feminina non perdeu ningún partido da fase regular na que gañou 20 e empatou 6. Está considerado como un club de alta competición pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: