BNG campaña muncipales Vigo

SANTI DOMÍNGUEZ REÚNESE CON REPRESENTANTES DO MUNDO DO ENSINO, DAS COMUNIDADES DE MONTES E DO SINDICALISMO NACIONALISTA

O candidato do BNG pide nun acto con delegados e delegadas da CIG “que acudan a votar para opoñerse ás O candidato do BNG á alcaldía, Santi Domínguez, mantivo esta tarde unha apretada axenda de campaña. Ás 18.00 horas participou nunha reunión con representantes do mundo da educación, posteriormente reuniuse coa mancomunidade de montes para expór as propostas do BNG en materia de medio ambiente e a seguir, mantivo un encontro no Hotel Coia con delegados e delegadas da CIG

Acto CIG

No acto coa Confederación Intersindical Galega, no cal tamén interviñeron Chelo Lago e Xabier Alonso, números 8 e 3 da candidatura, respectivamente, o candidato do BNG pediu  o apoio dos representantes dos traballadores e traballadoras para esta formación política e lembrou os 75.000 parados máis que ten Galiza desde que goberna Alberto Núñez Feijóo. “Son precisas novas políticas que aposten pola economía produtiva”, afirmou.

Educación: as propostas do BNG

No acto cos profesionais do ensino dirixéronse aos asistentes Xesus López, candidato número 5 e concelleiro e a deputada viguesa Carme Adán, portavoz de Educación no Parlamento Galego. Santi Domínguez defendeu o incremento no centro da cidade as prazas de infantil e primaria, “analizando a posibilidade de recuperar o Cluny como centro público”, a reforma das instalacións do colexio Altamar, trasladando a residencia e dándolle uso preferente ás instalacións deportivas en horario escolar e por último a necesaria ampliación do colexio público de Navia.

SANTI DOMÍNGUEZ COMPROMÉTESE A RECUPERAR A PANIFICADORA E A DESENVOLVER NOVAS ZONAS VERDES EN TEIS, CALVARIO E LAVADORES

“O BNG é a garantía de que non volvan as políticas especulativas do PP en materia de vivenda e urbanismo”, afirmou

O candidato do BNG á alcaldía, Santi Domínguez, expuxo esta mañá na Praza do Rei as súas propostas en materia de urbanismo e vivenda na Praza do Rei, co edificio da Panificadora como fondo. “Chegaremos a acordos cos promotores e construtores que veñan a construír cidade, pero nunca do lado dos que veñan a especular”, explicou. “Desde o BNG apostamos por poñer ás persoas no centro da política e non á especulación”, segundo o candidato. Santi Domínguez avaliou a coherencia de toda a traxectoria do BNG no desenvolvemento do urbanismo vigués, e mesmo felicitou ao alcalde Lois Pérez Castrillo, presente no acto, por “ter desenvolvido un Plan Xeral que marcará o futuro de Vigo”. O candidato asegurou que o Plan Xeral é perfectamente válido para seguir desenvolvendo proxectos como a recuperación das dunas en Samil. “A nós aválanos a nosa coherencia, a outros que querían construír en Samil, ou no parque da Bouza en Coia para favorecer os intereses especulativos tamén os avala a súa historia”, explicou, en referencia ás políticas do Partido Popular en materia de urbanismo. “Non queremos volver ao urbanismo especulativo do sálvese quen poida que representa o PP, e para iso pedimos o voto dos cidadáns o vindeiro 22 de maio”, afirmou o candidato do BNG.

Recuperación da Panificadora

O BNG comprométese no su programa electoral, “a recuperar a Panificadora e os terreos que a rodean, para biblioteca pública do Estado, pero tamén a dotala dunha grande actividade cultural con instalacións que poden ser cedidas á iniciativa privada ou social”, segundo explicou Santi Domínguez.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: