Entrevista a Santiago Dominguez candidato a la Alcaldía por el BNG de Vigo

1.- ¿Cuáles son sus proyectos urbanísticos en el áerea metropolitana? (hospitales,parques, complejos deportivos etc).

Continuaremos o labor iniciado no Casco Vello coa reforma da Praza do Berbés, con novas medidas para mellorar a mobilidade e transformando a Panificadora nun referente espacial cultural da zona. Tamén impulsaremos o proxecto de Samil previsto no PXOM e outra actuación fundamental para o desenvolmento da cidade consideramos que é o desenvolvemento dos parques industriais de Matamá-Valadares, Liñeiriños e un loxístico vinculado ao aeroporto. Ademáis completaremos o complexo deportivo de Navia cunha piscina olímpica e unha zona deportiva aberta,  desenvolveremos a superficie dos antigos terreos de Campa para gañar un parque e dotar ao barrio de Teis de novas vivendas e xestionaremos a urbanización do Parque Ofimático cunha superficie de 20.000 metros cadrados para que sexa o cuarto parque público máis importante da cidade.

2.- El empleo y la bolsa de trabajo en la ciudad entre los ciudadanos y los autónomos han decrecido enormemente¿cuál es su propuesta para incrementarlo ?

A activación económica e a xeración de emprego será o eixo fundamental do noso goberno. Desenvolveremos un Plan de choque de emprego municipal a dous anos (2012-2013) capaz de xerar 2.500 empregos nese periodo. Este plan contará cunha dotación de 25 millóns de euros e estará destinado a persoas ou familias con cargas, onde ningún membro da unidade familiar teña emprego ou recursos, e a aquelas persoas que por distintos criterios sociais sexan merecedoras de atención específica. Nos orzamentos de 2012 faremos un axuste das partidas municipais, que sen incremento do gasto corrente, poda permitir lograr estes obxectivos. Poremos tamén en marcha un Programa local de acceso da xuventude ao mundo laboral.

3.-El aeropuerto,el tren de alta velocidad y el Puerto de Vigo. En su posible legislatura ¿como beneficiaria que el plan de transportes locomocionales crezcan y se cumplan en plazo?

Son infraestruturas fundamentais para o desenvolvemento de Vigo. Nós consideramos que é preciso conseguir un compromiso verificable, cun calendario concreto, sobre a chegada do AVE á cidade e que Vigo conte cunha verdadeira estación intermodal, que non está contemplada no proxecto actual. Igualmente importante é que Vigo teña unha rede metropolitana de transporte para artellar as nosas conexións viarias. En canto ao Porto agardamos que deixe de ser utilizado como un trampolín electoral e se xestione con criterios técnicos, pensando nas súas potencialidades e con respecto pola nosa ría.

4.- Las viviendas protegidas ¿se valorará la necesidad de efectuarlas, ante la demanda popular?

Consideramos que hai que desenvolver o PXOM e favorecer a posta no mercado de viviendas de protección. No noso programa incluímos plans especiais de acceso á primeira vivenda por parte da mocidade. Por parte do Concello reservarase vivenda de protección pública para os menores de 30 anos.

5.-Por último su mensaje para la ciudadanía el porque deben darle su voto.

Non podemos consentir que gobernen Vigo as forzas políticas que desde a Xunta e desde o goberno do Estado aplican medidas que atentan contra a clase traballadora, contra os emprendendores, contra as persoas menos favorecidas con recortes sociais, privatizacións de servizos públicos ou o pensionazo. O BNG é a única forza capaz de impedilo, porque temos un proxecto de cidade que atenden aos problemas reais da cidadanía.  O voto ao BNG é o único xeito de parar ao PP. Temos que paralos porque se chega o PP será o maior retroceso que poda sufrir esta cidade. Temos que ir votar para non arrepentirnos o día 23. Non podemos permitir que o PP teña o poder absoluto como ten na Xunta porque iso suporá para Vigo máis paro, máis recortes sociais e máis políticas discrimitarias coas persoas menos favorecidas…

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: