Naturnova recorda a importancia do mar con motivo do Día Marítimo Europeo

O Centro Interactivo de Educación Ambiental de Novacaixagalicia quere sumarse o próximo venres 20 de maio á conmemoración do Día Marítimo Europeo, unha celebración que ten como obxectivo recordar a importancia do mar e os océanos para a vida diaria, tanto das comunidades costeiras como das áreas de interior, ao longo de toda Europa. O medio ambiente mariño ocupa un lugar relevante dentro dos módulos que integran Naturnova, xa que constitúe un dos sinais de identidade de Galicia, tanto a nivel paisaxístico como no ámbito económico. Entre os xogos do centro destaca un simulador que nos permite realizar unha viaxe en submarino polo fondo da ría de Vigo e coñecer, deste modo, os seres vivos que nela habitan. A través de una pantalla frontal podemos apreciar as imaxes en tres dimensións, mentres que noutras dúas laterais amósanse fotos procedentes dun robot que envía información sobre as diferentes especies que localiza e no chan obsérvase o fondo da ría. Ademais, en Naturnova existen outros xogos que nos desvelan distintos secretos dos mares e océanos e a súa importancia para a vida. No módulo ‘Hidrátame’ podemos ver como estas masas de auga cobren dúas terceiras partes da superficie da Terra unha vez que teñamos enchidas as concas oceánicas arrastrando a auga salgada cos nosos propios dedos. Outro espazo que nos axuda a comprender o valor de mares e océanos é ‘Límites altitudinais’, que nos leva a reflexionar sobre o feito de que hai unha gran cantidade de seres vivos que non nos resultan moi familiares e outros que son totalmente descoñecidos debido ao hábitat no que se atopan. Hai que ter en conta que a maior porcentaxe de seres vivos localízase na banda situada entre os 3.000 metros de altitude e os 2.000 metros de profundidade, que é onde se dan os límites de humidade, luz e temperatura máis adecuados para a existencia da vida. Sen embargo, fora deses límites tamén se coñece a existencia de organismos vivos, mesmo a 8.400 metros nas profundidades mariñas. A riqueza biolóxica do noso litoral constitúe unha fonte de recursos esenciais para as poboacións costeiras, que desde sempre souberon como extraer do mar os máis exquisitos produtos. Os xogos do módulo que leva ese mesmo nome, ‘Recursos’, ofrécennos a posibilidade de descubrir como ao longo do tempo foi cambiando a forma de obter esa riqueza do mar.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: