Noticias Ayuntamiento de Vigo 18-05-11 Vigo Galicia


O tenente de alcalde e o reitor da Universidade de Vigo asinaron un convenio para reactivar o emprego xuvenil

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron este mércores un protocolo de colaboración para potenciar o acceso dos mozos e mozas ao mercado laboral, mediante a posta en marcha do Plan Integral de Emprego Xuvenil. Asinouse tamén un convenio para fomentar o traballo en rede no eido cultural entre a Tenencia de Alcaldía, a Concellería de Cultura e a Universidade.


O programa Verán Xove 2011 oferta máis de 2.000 prazas, amplía as datas dos campamentos e mantén os prezos

A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, presentou este mércores unha nova edición do programa Verán Xove, que neste ano 2011 oferta máis de 2.000 prazas, ao incluír novas propostas nas ludotecas, Súbete ao Castro e Vigosónico. “Sabemos que é un servizo fundamental para a cidadanía, polo que nos pareceu moi importante non incrementar os prezos. Tentamos así aplicar a austeridade no seu sentido real”, subliñou a concelleira nacionalista. As inscricións pódense facer do 1 ao 10 de xuño na Casa da Xuventude.


Xabier Alonso di que estamos diante dungha gran xeración de xogadores xuvenís do Seis do Nadal e do Octavio

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiu hoxe aos equipos xuvenís masculinos de balonmán do Seis do Nadal-Coia, o Hermo A. Fincas, e da Sociedade Deportiva Octavio, pola súa destacada traxectoria esta tempada, no transcurso dunha recepción que fixo aos dous equipos no Concello.

A programación estable da Concellería de Cultura continúa mañá xoves no Auditorio Municipal co concerto de M. Ward

O Auditorio Municipal acollerá mañá, 19 de maio, unha nova actuación dentro do programa de artes escénicos organizado pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultura. Será o concerto que o californiano M. Ward ofrecerá ás 20.30 horas. As entradas teñen un prezo de 15 euros adquiríndoas anticipadamente na web http://www.servinova.es e 18 euros mercándoas na taquilla

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: