ALUMNOS DE COLEXIOS DE VILAGARCÍA, VILABOA, PONTEVEDRA E VIGO RECOLLEN OS PREMIOS OBTIDOS NOS CONCURSOS DO MUSEO DE PONTEVEDRA

O Xurado encargado de xulgar os traballos presentados aos concursos escolares que anualmente convoca o Museo de Pontevedra, presidido por Teresa Pedrosa Silva, presidenta executiva, concedeu os premios aos seguintes centros e alumnos: Nos concursos “López Suárez – Castillejo”, obtivo o premio, consistente nun vale por valor de 450 euros para a adquisición de libros ou material escolar, o I.E.S. Castro Alobre, de Vilagarcía de Arousa, co traballo sobre “Bosques da Illa de Cortegada”, realizado polos alumnos de primeiro de E.S.O. Yago González, Carlota Reiriz, Miguel de Santiago, Carlos Nartallo, Alba Varela, Alberto Souto, Ana Aguiño, Ainoa Fidalgo, Alberto Barral e Alma Alcaine, baixo a dirección da profesora Olga Martínez Moldes. Nos “Emilia Estévez Villaverde”, cuxos primeiros premios consisten en vales para a adquisición de libros ou material escolar por valor de 90 euros e os accésits por 60 euros, os alumnos premiados na modalidade de narrativa foron: no primeiro ciclo, Brais González Menduiña, polo conto “A choia que fala”, e o accésit para Arón Fernández del Río, por “A árbore de Xoán”, ambos os alumnos do C.E.P. de Riomaior (Santa Cristina de Cobres – Vilaboa); no segundo ciclo, o primeiro premio para Fabio Grajales Pereira, do C.E.P. A Xunqueira 2, de Pontevedra, por “A amistade no bosque”, e o accésit para Paula Divos Gutiérrez, do C.E.I.P. Arealonga, de Vilagarcía de Arousa, por “O gnomo Pepín”, e no terceiro ciclo o primeiro premio para Iris Beiras Pintos, por “A nogueira e o carballo”. Na modalidade de poesía, no primeiro ciclo o primeiro premio foi para a composición de Lucas Filgueira González e o accésit para a de Irene Ríos Moreiras, ambos os do C.E.P. de Riomaior; no segundo, o primeiro premio para o poema ”A miña lavandeiriña”, de Gabriel Vidal Cernadas, do Colexio Amor de Deus, de Vigo, e os accésits para “Que hai non bosque?”, de Álvaro Eiré Fernández, do C.E.I.P. Arealonga, e “Toupa”, de Anara Lois Ogando, do C.E.I.P. Campolongo de Pontevedra, e no terceiro, o primeiro premio para “Chuvia nas follas”, de Linda Vitoria Percíncula Martínez, do C.E.P. Marcos da Portela, de Monte Porreiro, e o accésit para “Noso río Maior”, de Érika Sanjorge Portela, do C.E.P. de Riomaior.

Libro cos premiados do ano pasado

A entrega de premios celebrouse hoxe no Sexto Edificio do Museo. No transcurso do acto foi presentado o libro no que se recollen os traballos premiados na edición do pasado ano, realizados polos seguintes alumnos: Lucía Rodríguez Casal, Ana Casal Calvar, Lucía Fernández García, Desiré González Eidón e Alejandro García González, do C.E.P. de Riomaior (Vilaboa); Laura Varela Graña e Iván González Fraga, do C.E.I.P. Carballal – Viñas Brancas, de Marín; Marcos González Nanín, do C.E.I.P. Álvarez Limeses, de Pontevedra; Cristina Fernández Silvosa, do C.E.I.P. Rosalía de Castro, de Bóveda (Lugo), e Kaoutar Khalafi e Carla Martínez Martínez do C.E.P. Marcos da Portela, de Monte Porreiro.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: