O PRESIDENTE DA XUNTA AVANZA QUE NO PRIMEIRO SEMESTRE DO 2012 ARREDOR DO 75% DO PLAN DE INFRAESTRUTURAS HIDRÁULICAS ESTARÁ REMATADO OU EN MARCHA

Núñez Feijóo destaca que desde abril do ano 2009 ata abril do ano 2011 este plan ten iniciadas ou rematadas un 60 por cento das obras programadas, o que supón un compromiso de 438 millóns de euros contratados

Informa que a Xunta construirá no concello de Oia un novo depósito de abastecemento “fundamental” para solucionar os problemas de abastecemento que padecen os veciños e que garantirá o subministro ao novo centro de saúde e ao campo de fútbol municipal

–  Avanza que o Goberno galego destinará 3,5 millóns de euros para mellorar a rede de colectores do concello de Gondomar e evitar así as verteduras no ríos Zamáns e Miñor, mellorar a cualificación da zona marisqueira do esteiro do Miñor e a calidade das augas das praias de Nigrán e Baiona

–  Resalta a creación dun novo rexistro de formación que distinguirá aos que ofrezan certificados de profesionalidade.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o impulso que o Goberno galego está a dar ao Plan de Infraestruturas Hidráulicas comprometido nesta lexislatura e avanzou que no primeiro semestre do ano 2012 arredor do 75 por cento desde plan estará rematado ou en marcha. O mandatario galego apuntou que se trata dun plan “ambicioso”, que prevé a instalación de depuradoras en concellos de máis de 2.000 habitantes e, polo tanto, o subministro de auga potable en núcleos de máis de 50 habitantes. Feijóo concretou que desde abril do ano 2009 ata abril do ano 2011 este plan ten iniciadas ou rematadas un 60 por cento das obras programadas, o que supón un compromiso de 438 millóns de euros contratados. Nesta liña, avanzou que a previsión para o vindeiro ano, entre maio de 2011 e maio de 2012, é chegar a 135 millóns de euros máis, para que no primeiro semestre de 2012 arredor do 75 por cento do plan estea rematado ou en marcha.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: