A XUNTA APROBA O PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN DO CONXUNTO HISTÓRICO ARTÍSTICO DO CONCELLO DE BAIONA

É o primeiro planeamento singular para cascos históricos aprobado polo Goberno galego, dos 20 que se están a tramitar na actualidade con axudas autonómicas

  • O ámbito obxecto de aprobación implica unha superficie de máis de 160.000 metros cadrados
  • Este ámbito histórico comprende zonas como as zonas do núcleo mariñeiro do Burgo, a península de Santa Marta, ou as edificacións en liña no lugar de Sabarís

A Xunta de Galicia aprobou hoxe o Plan especial de protección do conxunto histórico artístico do Concello de Baiona. Trátase do primeiro plan especial de zonas históricas aprobado polo Goberno galego, dos 20 documentos de planeamento específico para cascos históricos que contan con axudas autonómicas para a súa redacción.

No caso de Baiona, o importe achegado polo departamento que dirixe Agustín Hernández elevouse a 90.000 euros. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo trasladou hoxe ao concello o documento de aprobación, certificando que o proxecto ten un expediente administrativo completo e con todos os informes favorables.

O ámbito obxecto de aprobación implica unha superficie de 160.527 m2, no que se inclúen zonas como o núcleo mariñeiro do Burgo, a península de Santa Marta, as edificacións en liña no lugar de Sabarís, o núcleo do parque natural da Virxe da Roca, os núcleos das parroquias de Baína, Belesar e Baredo, Monte da Peniza, Monte de Castro-Morade, a área da Porta do Sol, a edificación na Praza de María Carabal e o Mercado de Sabarís e as edificacións en Santa Cristina da Ramallosa.

 

A razón que xustifica a necesidade desta figura especial, a pesar de que este concello conta cunha declaración como conxunto histórico, é que Baiona non dispoñía dun documento de planeamento pormenorizado e axeitado ás súas características, quedando as edificacións sometidas a unha ordenanza xenérica que en moitos casos non era a máis acertada para a mellora e revitalización do conxunto. O conxunto de Baiona ten un valor intrínseco derivado do seu propio desenvolvemento histórico que deu lugar a unha trama urbana de interese, axustada ás condicións climáticas e ás necesidades de actividade do conxunto e a existencia dunha arquitectura civil valiosa, coa presenza de pazos ou casa nobres que se poden considerar monumentais, como por exemplo: a Cada de Mendoza ou a dos Correa, pero que alcanza unha coherencia e harmonía importante na arquitectura doméstica.

 

A Xunta de Galicia financia na actualidade 20 proxectos de plans especiais en cascos históricos, por un importe de máis de 3 millóns de euros. Esta liña de axudas posta en marcha o pasado ano pola Consellería de Medio Ambiente ten por finalidade preservar o patrimonio cultural de asentamentos de carácter histórico ou de singular valor arquitectónico dos concellos cunha poboación non superior aos 50.000 habitantes.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: