A CIG insta o Concello de Vigo a rematar coas diferenzas salariais entre os traballadores/as da recollida do lixo

Denunciou no xulgado e diante da responsábel municipal que FCC paga 29 euros diarios menos aos da quenda de fin de semana Representantes da sección sindical da CIG en Fomento de Construcciones y Contratas (FCC) compareceron en rolda de prensa para sacar á luz pública a discriminación que se está a producir dende hai anos entre os empregados/as da concesionaria da recollida do lixo e limpeza viaria e de praias da cidade. Lembran que teñen presentado un recurso no TSXG contra as diferenzas salariais nos traballadores/as da quenda de fin de semana, que cobran 29 euros diarios menos que os seus compañeiros/as a pesar de realizar a mesma labor. Esíxenlle á responsábel municipal que poña fin a esta situación porque do contrario convocarán protestas.

Os delegados sindicais da CIG en FCC Manuel Zabala e Xesús Diz, que estiveron acompañados polo secretario confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, Antolín Alcántara, explicaron que esta diferenza salarial foi recoñecida polo propio Xulgado do Social, “pero dixo que a empresa debe de corrixir por si mesma a discriminación ou que nós deberemos impugnar o convenio colectivo”. Diante disto, o comité de empresa optou por presentar un recurso diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), aínda que fan un chamamento á concelleira de Limpeza, Raquel Díaz, para que tome cartas no asunto ante a posibilidade de que o proceso se prolongue. “No mes de febreiro mantivemos unha reunión con ela e quedou en darnos unha resposta que a día de hoxe estamos agardando”, critican.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: