A MODERNIZACIÓN DA CIDADE E A CREACIÓN DE EMPREGO, EIXOS CENTRAIS DO COMPROMISO DE CABALLERO CON VIGO

Investiranse 6 millóns de euros en axudas directas á creación de empregCaballero aposta pola obra pública como dinamizador económicoComprométese a seguir xerando emprego para rematar cos Alcaldes de postureo  Abel Caballero apuntou, durante o último día de campaña, á creación de emprego e á modernización da cidade como os eixos centrais do seu proxecto para Vigo, “somos conscientes das necesidades e demanda dos vigueses e, nesta liña, desenvolveremos o noso compromiso de seguir co proceso de transformación da cidade e loitar pola creación de emprego.”
O candidato socialista sinalou que a creación de emprego pasa por dous elementos centrais, vontade e recursos, que impulsen a actividade económica da cidade. Caballero recordou as medidas deseñadas polos socialistas neste eido, “reduciremos os impostos entre un 50 e un 75%, manteremos a taxa cero para a
instalación de terrazas e reduciremos un 10% a taxa de lixo para comerciantes e particulares.”
Abel Caballero recordou tamén os 3 millóns de euros que se investirán en axudas directas para a factoría PSA Peugeot Citroën na produción do vehículo eléctric e os outros 3 millóns de euros que se destinarán ao mantemento da actividade comercial da cidade así como a creación de unha xanela única para a simplificación dos trámites administrativos. Dentro das iniciativas deseñadas para a creación de emprego, Caballero fixo especial fincapé na aposta pola obra pública. O socialista subliñou que a construción
da nova terminal de Peinador ou as infraestruturas que se construirán para a chegada do AVE a Vigo suporán un importante impulso para a economía da cidade, “estes dous grandes proxectos permitirán a creación de numerosos postos de traballo e unha vez rematados reverterán de forma moi positiva na economí de tódolos vigueses.” Abel Caballero destacou a modernización da cidade como un dos seus principais obxectivos de continuidade dentro goberno municipal, “levamos catro anos traOficina
do Candidato ballando nun proceso de transformación que hoxe é unha realidade latente á vista de tódolos vigueses, e agora é o momento de seguir desenvolvendo a modernización da cidade”.
O socialista sinalou a importancia desta modernización para o impulso da actividadeeconómica de Vigo e subliñou o papel fundamental que, neste senso, debe desenvolver o Alcalde da cidade, “acabáronse os alcaldes de postureo qu soamente acoden a actos protocolarios, Vigo precisa un Alcalde activo, que defenda a cidade, que se preocupe polas necesidades reais dos vigueses e que dea resposta ás principais demandas da cidade.”

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: