Novacaixagalicia vende o 15% de Pescanova por 88,5 millóns de euros

A operación aumentará a capitalización da caixa en máis de 26 millóns de euros

A caixa obtén unha plusvalía de 20,8 millóns de euros

Novacaixagalicia vendeu un bloque de accións equivalente ao 15% de Pescanova, propiedade de CXG Corporación Novacaixagalicia, por 88,4 millóns de euros, o que supón unha plusvalía bruta consolidada de 20,8 millóns de euros. A caixa galega aínda conserva un 9,7% da compañía alimentaria. A operación de venda do 15% realizada hoxe estruturouse en dous bloques a prezos diferentes, en ambolos dous casos superiores á cotización actual das accións de Pescanova, situada en 28,9 euros por acción. Novacaixagalicia asinou a venda dun paquete do 10% a 30 euros por acción e outro do 5% a 31 euros por acción. A operación forma parte do plan de recapitalización interna da caixa galega baseado na desinversión de activos e negocios non estratéxicos para adaptar o core capital e o capital principal da caixa á nova lexislación española e reducir as súas necesidades de capital externo. En concreto, a desinversión en accións de Pescanova reportará ao capital principal de Novacaixagalicia entre 26 e 30 millóns de euros de capital.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: