Archivo | mayo 24, 2011

LA CONCEJALÍA DE DEPORTES DEL CONCELLO DO PORRIÑO INFORMA DE LA CONTINUIDAD DE LAS CLASES DE AERÓBIC y de gimnasia de mantenimiento DURANTE EL MES DE JUNIO

As personas interesadas deben inscribirse en las instalaciones de la piscina municipal o llamando al teléfono 986 344 420

También la piscina municipal acogió en los últimos días unas jornadas festivas con actividades acuáticas en las que participaron unos 500 niños de entre 3 y 14 años

noticias en la web www.concellodoporrino.net

ECONOMÍA E INDUSTRIA APOIA TRES NOVOS PROXECTOS EMPRESARIAIS DE INNOVACIÓN TECNOLÓXICA CO FONDO DE CAPITAL RISCO XES-INNOVA

  • PeZcalo, Cludeen e Quantum Enxeñaría foron apoiados con préstamos participativos que suman 500.000 euros
  • Iniciativas coas que os emprendedores teñen prevista a creación de 64 postos de traballo, nos próximos anos
  • PeZcalo aspira a ser unha Plataforma eCommerce de referencia na contorna da pesca deportiva; o proxecto de Cludeen está centrado no desenvolvemento de software para empresas; e o obxectivo de Quantum Enxeñaría é o deseño, fabricación e comercialización de maquinaria e produtos relacionados co tratamento e purificación de augas
  • Até agora, o programa de apoio á iniciativa emprendedora da Consellería de Economía e Industria permitiu mobilizar investimentos próximos aos 30 millóns de euros Leer Más…

O XUÍZ ORDENA LEVANTAR A PARALIZACIÓN DAS OBRAS DE ABASTECEMENTO AO MORRAZO ORDENADA POLO ALCALDE DE VIGO E PERMITE REINICIAR AS ACTUACIÓNS PARA GARANTIR O INTERESE XERAL

A Xunta comezará as obras de inmediato co obxectivo de recuperar os meses de retraso causados pola decisión de Abel Caballero

  • O auto sinala que de manterse a paralización das obras pode dar lugar a “perjuicios de notoria intensidad para el interés general”
  • Lembra que “as obras “fueron autorizadas por la propia Administración municipal mediante acuerdo de fecha 23 de marzo de 2009, en el que se aprueba técnicamente el proyecto de ampliación del abastecimiento al Morrazo desde Vigo, lo que implica el otorgamiento de todas las autorizaciones necesarias para la realización de la obra”
  • Sinala que as cuestións referidas as deficiencias expostas polo concello en canto a sinalización e regulación do tráfico son “facilmente subsanables” polo que prevalece a continuidade das obras
  • Dende a Xunta aclárase que o Concello xogou cos prazos desta actuación e coa calidade do abastecemento da auga aos 45.000 veciños do Morrazo, polo que xa é responsable do retraso dos traballos e do posible desabastecemento, ante os problemas da vella condución Leer Más…

COMUNICADO DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

–          Segundo a información proporcionada desde o Instituto Galego de Promoción Económica, a Consellería de Economía e Industria confirma que esta mañá axentes da brigada de vixilancia aduaneira (Agencia Estatal Tributaria) acudiron ao IGAPE a solicitar información sobre unha vintena de empresas, das que soamente había expedientes de tres delas. Información que se lles proporcionou de inmediato.

–          A Xunta de Galicia colabora coa brigada de vixilancia aduaneira (Agencia Estatal Tributaria) para que se investigue sen límites e se poida clarexar ao máximo a súa investigación.

–          A Consellería de Economía e Industria defende a presunción de inocencia do director e un subdirector (de información) que se manteñen a disposición xudicial no marco desta investigación, que leva a cabo o Xulgado de Instrucción número 3 de Lugo.

 

MÁIS DE 4.000 MULLERES CLAUSURAN NA LANZADA OS CURSOS DO PROGRMA “PENSA EN TI”, DA DEPUTACIÓN

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, xunto coa vicepresidenta, Teresa Pedrosa, participaron esta tarde no acto de clausura do programa “Pensa en Ti” que tivo lugar no Centro Vacacional de A Lanzada. Leer Más…

AXENDA // FESTIVAL SINSAL 9 // O FESTIVAL SINSAL NA ILLA DE SAN SIMÓN O SÁBADO 25 DE XUÑO

O sábado 25 de xuño, de 13h a 22h, 3 escenarios, música, cine e performances en Sinsal San Simón.

25€ EN WWW.SERVINOVA.COM inclúe transporte en barco e entrada.

+ traballos e actividades de alumnos da Facultade BB.AA.

+ proxección do documental do grupo Efterklang “An Island”, de Vincent Moon.

NORMAS: Está prohibido acceder con comida ou bebida á illa, debemos coidar o patrimonio. Venderase comida a prezos populares. So se poderá fumar nos lugares indicados. As entradas darán dereito ao barco de ida e volta á illa. Ao comprar as entradas deberanse elixir as horas desexadas, así como o porto, a escoller entre Redondela e San Adrián de Cobres.

Noticias Ayuntamiento de Vigo 24-05-11

Verán no Verbum – Campamentos Abertos 2011

Un ano máis o Verbum organiza campamentos abertos de Verán. Este ano con novidades ao trasladar a súa celebración ao mes de agosto, e ao traballar con dúas temáticas, unha sobre a animación á lectura, que terá lugar na primeira quincena, e outra relacionando o museo co seu entorno natural, facendo unha campaña de concienciación co medio ambiente. As actividades están dirixidas a rapaces de 5 a 12 anos e desenvolveranse de martes a venres en horario de 10 a 14h. Este ano as actividades serán gratuítas.

 

MULLER E DEPORTE: beneficios para a saúde

O mércores 25 de maio ás 20.00 h, finaliza o ciclo “Muller e saúde integral” que a concellería de Igualdade está a organizar na Casa das Mulleres desde o mes de abril co obxectivo de promover a mellora da calidade de vida e a saúde integral das mulleres potenciando o seu benestar físico e psíquico en todas as etapas das súas vidas. Nesta ocasión colabora a Fundación VIDE para a exposición do relatorio: “Muller e deporte: beneficios para a saúde”.

 


Mesa redonda con ilustradores na Escola Municipal de Artes e Oficios

O xoves día 26 de maio, ás 19:00 horas, na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, terá lugar o encontro con ilustradores “SOÑOS ILUSTRADOS”, unha mesa redonda ao redor da Editorial Kalandraka e a súa laboura como editora nestes doce anos de existencia.

O CCVV inaugura unha exposición que amosa o traballo de rehabilitación feito e que percorrerá distintos locais hostaleiros do barrio histórico da cidade

http://www.youtube.com/watch?v=CRDqlpJzDVw

  • Lucía Molares presentou hoxe “Rehabilitacións de edificios do Casco Vello”, que poderá

verse primeiro na planta baixa da Delegación Territorial da Xunta e, a partir do vindeiro mes de xullo, en distintos establecementos da zona antiga

  • A mostra consta de 35 paneis con fotografías que reflicten a evolución do traballo feito

polo CCVV, dende a adquisición dos edificios nas condicións que estaban ata a súa completa

restauración co resultado final

  • A presidenta do CCVV aproveitou a ocasión para anunciar que o vindeiro luns, 30 de maio, o IGVS iniciará un novo procedemento para a adxudicación doutras 15 Vivendas de Protección

Autonómica (VPA)

Colin Baldwin inaugura en Vigo a exposición ‘El cow boy Fritz o la muerte de la oscuridad’

Este mércores 25 de maio, ás 20.00 horas, a Sala II do Centro Social Novacaixagalicia en Vigo (Velázquez Moreno, 18) acollerá a inauguración da exposición ‘El cow boy Fritz o la muerte de la oscuridad’, de Colin Baldwin. O artista, nacido na localidade peruana de Trujillo, está asentado na nosa comunidade desde os anos 80, década na que iniciou a súa traxectoria expositiva no seu país. Ao longo da súa carreira obtivo varios recoñecementos e a súa obra integra coleccións en todo o mundo, entre elas a pinacoteca privada de Novacaixagalicia.

ECONOMÍA E INDUSTRIA INCENTIVA A COOPERACIÓN ENTRE EMPRESAS E CENTROS DE COÑECEMENTO EN PROXECTOS DE INNOVACIÓN DE ALTO IMPACTO

  • O director xeral de I+D+i inaugurou hoxe en Ferrol a ‘I Xornada Vindeira Transferencia Tecnolóxica’
  • A Plataforma Tecnolóxica das TIC e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia reuniron a universidades, centros tecnolóxicos e empresas para definir oportunidades de negocio conxuntas
  • O Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento contempla medidas específicas de apoio á valorización do coñecemento e á cooperación entre centros e empresas Leer Más…