Archive | mayo 25, 2011

ECONOMÍA E INDUSTRIA SOLICITA A COLABORACIÓN DE PRESIDENCIA PARA A COMPROBACIÓN ADMINISTRATIVA DOS EXPEDIENTES DE SUBVENCIÓNS DO IGAPE

  • O Goberno da Xunta ten un compromiso completo e absoluto de colaboración coa xustiza e coa investigación sen límites

O compromiso do Goberno da Xunta coa investigación  sobre a operación que leva a cabo o Xulgado de Instrucción número 3 de Lugo, vese reflectido hoxe no escrito que a Consellería de Economía e Industria vén de remitir á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para solicitar a súa colaboración na comprobación administrativa dos expedientes de concesión de subvencións do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) vinculados coa investigación.

Concretamente, o escrito solicita a colaboración como unidade especializada da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de comprobación por parte da Xunta de Galicia das actuacións realizadas polo Igape respecto ós expedientes que foron requeridos polos funcionarios da Axencia Estatal Tributaria que estiveron onte na sede do instituto por orden do Xulgado.

O Goberno galego ten o compromiso de cooperación coa xustiza e coa máxima transparencia, así como tamén a presunción de inocencia do director e un subdirector (de información) do Igape.

 

 

EL CONCELLO DO PORRIÑO PONDRÁ en marcha un servicio telemático de registro de sociedades

También con el objetivo de fomentar la cultura emprendedora en el municipio, hoy mismo queda abierto el plazo para presentar las solicitudes de ocupación de los siete viveros disponibles en el Multicentro de Torneiros. Asimismo, desde la Concejalía de Empleo y Formación se anuncia la creación de una bolsa de locales de alquiler y la posibilidad de utilizar este Multicentro como domicilio social, teniendo derecho a la recepción de correspondencia -. otras noticias en la web www.concellodoporrino.net

FESTAS DE OURENSE 2011 – AVANCE DA PROGRAMACIÓN

Un ano máis Ourense celebra as Festas da cidade no mes de xuño. Dez días de actividades e concertos para tódolos públicos, con pregón, grupos de renome nacional e internacional, artistas galegos de primeira liña, bandas locais e djs.  programación completa nos próximos días. A día de hoxe avanzamos parte do programa.

Nova sesión 'Café Voltaire. O sabor das letras', con GIOVANNA GIUSTI

Mañá xoves 26 de maio, ás 20.30, tená lugar no MARCO restaurante&café unha nova sesión do ‘Café Voltaire. O sabor das letras’, o ciclo de encontros literario-gastronómicos que ten lugar unha vez ao mes, organizado conxuntamente pola Fundación Carlos Casares e a Agrupación de Amigos do MARCO.

Nesta ocasión, a poñente será a historiadora da arte Giovanna Giusti, que baixo o título ‘Dolci alla Corte Medicea’, realizará un percorrido pola iconografía dos doces na Galería dos Uffizi (Florencia), museo onde desempeña o seu labor como directora de departamento e comisaria de exposicións.

Giovanna Giusti é historiadora da arte e directora do departamento de arte do século XIX e colección contemporánea da Galería dos Uffizi de Florencia. Os seus estudos sobre o Renacemento, en especial o Cinquecento, transcenden a Historia da Arte e reflíctense na súa experiencia como comisaria na institución florentina, e tamén no labor académico que desenvolve na California State University da capital da Toscana como profesora de historia da arte. Leer Más…

Logística, innovación y competitividad, grandes retos del mar como motor económico del espacio atlántico

Empresarios, universidades y administraciones públicas coincidieron en señalar la importancia de la fachada atlántica, compuesta por los puertos de Galicia y el Norte de Portugal, para conseguir que la Península Ibérica se convierta en la gran plataforma logística intermodal entre Europa y el resto de los continentes, tras la apertura del nuevo Canal de Panamá, en 2012. Leer Más…

EXPOSICION ITINERANTE “O MOVEMENTO ASOCIATIVO NAS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DE VIGO.”

Pódese visitar nos locais da FAVEC Praza da Princesa, 7 2º a exposición “O movemento asociativo nas asociacións veciñais de Vigo”. A mostra composta por 10 paneis informativos recolle a traxectoria , instalacións e actividades das 35 asociacións federadas, cun texto actualizado a través de 100 fotos, se repasa a historia, numero de membros, os locais, así coma as diferentes actividades e prestacións que desenrolan o total de asociacións veciñais federadas, así coma os datos de contacto para todo aquel que desexe asociarse. A mostra percorrerá as diferentes asociacións . Leer Más…

CARMELA SILVA APUNTA QUE “OS RESULTADOS LECTORAIS CONVIRTEN A VIGO NUN REFERENTE EN ESPAÑA”

A número dous da candidatura socialista asegura que a Executiva Federal do PSOE cualifica como “extraordinarios” uns datos que hoxe analizaron na sede
socialista a candidatura, o comité de campaña e a Executiva local do PSOE
Silva insta a Feijóo a tomar nota e atender as xustas demandas dos vigueses “tal e como os cidadáns dixeron nas urnas” Asegura que non só é un triunfo do alcalde e da candidatura socialista, senón que os resultados “son un éxito dos vigueses e das viguesas” A número dous da candidatura socialista e voceira do PSOE no Senado, Carmela Silva, apuntou hoxe que “os resultados electorais convirten a Vigo nun referente en España”. Recién chegada do Senado, Silva explicou que a Executiva Federal do partido cualifica como “extraordinarios” os datos extraidos das urnas o pasado día 22. Silva fixo estas declaracións aos medios antes dunha reunión entre candidatura,o comité de campaña e a Executiva local reunida esta tarde para analizar e valorar os resultados. Neste punto, a candidata explicou que “estes son os mellores resultados do
PSOE na cidade nos últimos vintecinco anos”, engadindo que a subida de  apoios ten sido destacada en todos os barrios, mentras que o Partido Popular “perdeu  votos de forma xeralizada en todas as zonas”.
Esta posta en valor cobra, aínda máis relevancia, na súa opinión, “se temos en conta  os resultados do resto de España”. Silva aproveitou a oportunidade para instar a Feijóo a tomar nota dos datos, xa que “son un varapalo para a súa xestión nesta cidade”. Terá que empezar a atender as “xustas” demandas que recibe desde Vigo, “tal e como os cidadáns dixeron nas urnas”. Incidiu en que o único obxectivo co que van traballar os socialistas “é a defensa de Vigo, para que ocupe o lugar que lle corresponde”.
Proseguíu asegurando que ten a percepción de que a cidadanía está satisfeita xa que os bos resultados do PSOE non son só o triunfo do alcalde e da candidatura, senón que “son un éxito dos vigueses e das viguesas”.  Carmela Silva non esqueceu darlle as grazas a todos os militantes e simpatizantes polo esforzo realizado durante a campaña.

Noticias Ayuntamiento de Vigo – 25-05-11


Abel Caballero respalda unha maior implicación das administracións públicas no apoio a esclerose múltiple

O alcalde deu lectura ao manifesto a favor das persoas que padecen esta enfermidade con motivo do Día Mundial da doenza. O acto tivo lugar nos locais da Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple, encargada de organizar para esta xornada unha serie de actividades que culminarán cun concerto benéfico o vindeiro 9 de xuño.

 


Santi Domínguez anima a visitar o Circuito Boavista e seguir afondando na promoción conxunta de Vigo e Porto

O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, participou este mércores na presentación en Vigo do Circuito Boavista, que terá lugar na cidade de Porto durante dous fins de semana, do 17 ao 19 de xuño e do 1 ao 3 de xullo. O nacionalista animou aos vigueses e viguesas a presenciar “este fenomenal evento”, que ao seu xuízo amosa “o espíritu que nos ten que levar á promoción conxunta das dúas cidades”.

 


A Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas inicia as súas actividades de formación para usuarios

A Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, situada na Avenida Martínez Garrido nº 21, inicia as súas actividades de formación para usuarios. A primeira acción, “Achégate a Internet”, é un programa de alfabetización dixital. O curso gratuíto está destinado aos maiores de 16 anos con escasos ou ningún coñecemento previo de informática. Terá lugar na propia biblioteca os martes e xoves dende o 2 de xuño ata o 21 de xullo en horario de 11.00 a 12.00 horas

ECONOMÍA E INDUSTRIA REALIZARÁ XORNADAS INFORMATIVAS SOBRE O TERCEIRO PLAN DE INSPECCIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN INSTALACIÓNS TÉRMICAS NOS EDIFICIOS EN DIFERENTES CIDADES

  • Haberá charlas gratuítas en Vigo, Ourense, Lugo, Santiago e A Coruña a partir do 27 de maio
  • Con este programa que o Inega e a Dirección Xeral de Industria desenvolven en colaboración con Enmacosa, examinaranse, de xeito gratuíto para os seus propietarios, instalacións con máis de 5 anos de antigüidade, que teñan unha potencia mínima de 20 kW en calor e de 12 kW en frío
  • Así mesmo con este Plan propóñenselle aos titulares dos inmobles a adopción de melloras para incrementar a eficiencia enerxética, que son subvencionables no marco do programa de axudas a proxectos de aforro e de enerxías renovables que cada ano desenvolve o Inega. Leer Más…

S SOCIOS DO PROXECTO PRESPO ELABORAN NOVOS MATERIAIS PARA A PROMOCIÓN DE INICIATIVAS DE DIVERSIFICACIÓN DA PESCA EN EUROPA

  • O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR traballa neste ámbito xunto a nove organismos e institucións de Francia, Portugal e España
  • O obxectivo de todos eles é contribuír a garantir o desenvolvemento sostible das pesqueiras do Arco Atlántico

O Centro Tecnolóxico do Mar está a promover unha guía de recomendacións e unha base de datos on-line cara á promoción de iniciativas de diversificación da pesca no ámbito europeo. Este traballo estase desenvolvendo no marco do proxecto europeo PRESPO, no que a Fundación galega traballa xunto a nove organismos e institucións de Francia, Portugal e España co obxectivo de contribuír a garantir o desenvolvemento sostible das pesqueiras artesanais do Arco Atlántico. Leer Más…