CARMELA SILVA APUNTA QUE “OS RESULTADOS LECTORAIS CONVIRTEN A VIGO NUN REFERENTE EN ESPAÑA”

A número dous da candidatura socialista asegura que a Executiva Federal do PSOE cualifica como “extraordinarios” uns datos que hoxe analizaron na sede
socialista a candidatura, o comité de campaña e a Executiva local do PSOE
Silva insta a Feijóo a tomar nota e atender as xustas demandas dos vigueses “tal e como os cidadáns dixeron nas urnas” Asegura que non só é un triunfo do alcalde e da candidatura socialista, senón que os resultados “son un éxito dos vigueses e das viguesas” A número dous da candidatura socialista e voceira do PSOE no Senado, Carmela Silva, apuntou hoxe que “os resultados electorais convirten a Vigo nun referente en España”. Recién chegada do Senado, Silva explicou que a Executiva Federal do partido cualifica como “extraordinarios” os datos extraidos das urnas o pasado día 22. Silva fixo estas declaracións aos medios antes dunha reunión entre candidatura,o comité de campaña e a Executiva local reunida esta tarde para analizar e valorar os resultados. Neste punto, a candidata explicou que “estes son os mellores resultados do
PSOE na cidade nos últimos vintecinco anos”, engadindo que a subida de  apoios ten sido destacada en todos os barrios, mentras que o Partido Popular “perdeu  votos de forma xeralizada en todas as zonas”.
Esta posta en valor cobra, aínda máis relevancia, na súa opinión, “se temos en conta  os resultados do resto de España”. Silva aproveitou a oportunidade para instar a Feijóo a tomar nota dos datos, xa que “son un varapalo para a súa xestión nesta cidade”. Terá que empezar a atender as “xustas” demandas que recibe desde Vigo, “tal e como os cidadáns dixeron nas urnas”. Incidiu en que o único obxectivo co que van traballar os socialistas “é a defensa de Vigo, para que ocupe o lugar que lle corresponde”.
Proseguíu asegurando que ten a percepción de que a cidadanía está satisfeita xa que os bos resultados do PSOE non son só o triunfo do alcalde e da candidatura, senón que “son un éxito dos vigueses e das viguesas”.  Carmela Silva non esqueceu darlle as grazas a todos os militantes e simpatizantes polo esforzo realizado durante a campaña.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: