ECONOMÍA E INDUSTRIA SOLICITA A COLABORACIÓN DE PRESIDENCIA PARA A COMPROBACIÓN ADMINISTRATIVA DOS EXPEDIENTES DE SUBVENCIÓNS DO IGAPE

  • O Goberno da Xunta ten un compromiso completo e absoluto de colaboración coa xustiza e coa investigación sen límites

O compromiso do Goberno da Xunta coa investigación  sobre a operación que leva a cabo o Xulgado de Instrucción número 3 de Lugo, vese reflectido hoxe no escrito que a Consellería de Economía e Industria vén de remitir á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para solicitar a súa colaboración na comprobación administrativa dos expedientes de concesión de subvencións do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) vinculados coa investigación.

Concretamente, o escrito solicita a colaboración como unidade especializada da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de comprobación por parte da Xunta de Galicia das actuacións realizadas polo Igape respecto ós expedientes que foron requeridos polos funcionarios da Axencia Estatal Tributaria que estiveron onte na sede do instituto por orden do Xulgado.

O Goberno galego ten o compromiso de cooperación coa xustiza e coa máxima transparencia, así como tamén a presunción de inocencia do director e un subdirector (de información) do Igape.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: