EXPOSICION ITINERANTE “O MOVEMENTO ASOCIATIVO NAS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DE VIGO.”

Pódese visitar nos locais da FAVEC Praza da Princesa, 7 2º a exposición “O movemento asociativo nas asociacións veciñais de Vigo”. A mostra composta por 10 paneis informativos recolle a traxectoria , instalacións e actividades das 35 asociacións federadas, cun texto actualizado a través de 100 fotos, se repasa a historia, numero de membros, os locais, así coma as diferentes actividades e prestacións que desenrolan o total de asociacións veciñais federadas, así coma os datos de contacto para todo aquel que desexe asociarse. A mostra percorrerá as diferentes asociacións .

A Federación Veciñal Eduardo Chao representa na actualidade un auténtico punto de encontro para a cidadanía, a vertebración e a convivencia nos barrios e parroquias e funciona como punto de cohesión e eixo de presión sobre as administracións para obter resposta ás reivindicacións da cidadanía dos distintos barrios no seu conxunto. A exposición está subvencionada pola Alcaldía de Vigo

Exposición HUMOR GRÁFICO GALEGO

A partir do 24 de maio, na AV de Coruxo, pode visitarse a exposición HUMOR GRÁFICO GALEGO, que repasa o mundo das viñetas cómicas nos principais xornais de Galicia. Trátase dunha mostra de reproducións a gran formato de viñetas das principais figuras do humor gráfico galego:

Quesada, Gogue, Javier Aguilera, Luis Davila (Faro de Vigo), Kiko Dasilva (La Voz de Galicia), Pepe Carreiro (Xornal de Galicia), O Carrabouxo (La Región, Atlántico Diario), Sabela Arias (Tierras de Santiago, El Correo Gallego). Completando a mostra, pode lerse un texto crítico do profesor Carlos Bernárdez, coordinador da Pinacoteca Viguesa, que valora o humor gráfico en Galicia, dende figuras tan senlleiras coma a de Castelao, ata os nosos días.

A exposición está subvencionada por Tenencia de Alcaldía e Alcaldía.

VIAXE A CIES E ONS, CIES:

O martes 28 e mércores 29 de Xuño un total de 4.000 mulleres desembarcarán nas Illas Cíes para gozar dunha xornada de convivencia exclusiva para mulleres, organizado pola Vogalía de Igualdade da FAVEC.O prezo son 10 euros e nenos de 4 a 12 anos 5 euros. Anotarse na asociación de veciños máis próxima.

O día 12 de Xuño tocaralle o turno ás familias, cun total de 2.000 prazas.

 

ILLA DE ONS:

Sábado 25 e Domingo 26 a favec organiza tamén unha viaxe a Illa de Ons, a saída será dende a estación de Renfe de Vigo (para fomentar o uso do tren) en Marín se colle o barco ata a Illa de Ons a viaxe inclúe o xantar na illa.

CURSOS GRATUÍTOS DE PRIMEROS AUXILIOS E PREVENCIÓN ACCIDENTES NO FOGAR.

O curso trata de previr os accidentes no fogar, ensinan a montar de desmontar unha bombona de butano, extintores como se usan etc. O 80% do curso é práctico.

Xa se impartiu nas asociacións de Coruxo, Cabral , Candeán, Sampaio, Val do Fragoso, Sárdoma, Beade, e aberta a todas as asociacións.

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: