Noticias Ayuntamiento de Vigo – 25-05-11


Abel Caballero respalda unha maior implicación das administracións públicas no apoio a esclerose múltiple

O alcalde deu lectura ao manifesto a favor das persoas que padecen esta enfermidade con motivo do Día Mundial da doenza. O acto tivo lugar nos locais da Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple, encargada de organizar para esta xornada unha serie de actividades que culminarán cun concerto benéfico o vindeiro 9 de xuño.

 


Santi Domínguez anima a visitar o Circuito Boavista e seguir afondando na promoción conxunta de Vigo e Porto

O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, participou este mércores na presentación en Vigo do Circuito Boavista, que terá lugar na cidade de Porto durante dous fins de semana, do 17 ao 19 de xuño e do 1 ao 3 de xullo. O nacionalista animou aos vigueses e viguesas a presenciar “este fenomenal evento”, que ao seu xuízo amosa “o espíritu que nos ten que levar á promoción conxunta das dúas cidades”.

 


A Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas inicia as súas actividades de formación para usuarios

A Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, situada na Avenida Martínez Garrido nº 21, inicia as súas actividades de formación para usuarios. A primeira acción, “Achégate a Internet”, é un programa de alfabetización dixital. O curso gratuíto está destinado aos maiores de 16 anos con escasos ou ningún coñecemento previo de informática. Terá lugar na propia biblioteca os martes e xoves dende o 2 de xuño ata o 21 de xullo en horario de 11.00 a 12.00 horas

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: