Nova sesión 'Café Voltaire. O sabor das letras', con GIOVANNA GIUSTI

Mañá xoves 26 de maio, ás 20.30, tená lugar no MARCO restaurante&café unha nova sesión do ‘Café Voltaire. O sabor das letras’, o ciclo de encontros literario-gastronómicos que ten lugar unha vez ao mes, organizado conxuntamente pola Fundación Carlos Casares e a Agrupación de Amigos do MARCO.

Nesta ocasión, a poñente será a historiadora da arte Giovanna Giusti, que baixo o título ‘Dolci alla Corte Medicea’, realizará un percorrido pola iconografía dos doces na Galería dos Uffizi (Florencia), museo onde desempeña o seu labor como directora de departamento e comisaria de exposicións.

Giovanna Giusti é historiadora da arte e directora do departamento de arte do século XIX e colección contemporánea da Galería dos Uffizi de Florencia. Os seus estudos sobre o Renacemento, en especial o Cinquecento, transcenden a Historia da Arte e reflíctense na súa experiencia como comisaria na institución florentina, e tamén no labor académico que desenvolve na California State University da capital da Toscana como profesora de historia da arte.

Entre outros traballos, Giovanna Giusti é autora do libro Dolci a Corte (Editorial Sillabe, 2001), unha apaixonante guía pola iconografía dos doces nos fondos dos Ufizzi, obra sobre a que erguerá a sesión do ‘Café Voltaire. O Sabor das Letras’ deste xoves. Coincidindo coa súa visita a Galicia, la profesora Giusti ofrece hoxe mércores unha charla na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, sobre a exposición ‘Autorritrati. Artiste di capriccioso e destrissimo ingegno’ que comisariou recentemente nos Uffizi, e que reunía oitenta autorretratos de pintoras dos séculos XVI a XIX.

Información xeral

‘Café Voltaire. O sabor das letras’

Giovanna Giusti

‘Doces na corte de los Médici’

  • Xoves 26 maio, ás 20.30
  • Lugar: MARCO restaurante&café
  • Organiza: Fundación Carlos Casares e Agrupación de Amigos do MARCO
  • Previa inscrición e reserva de praza

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: