S SOCIOS DO PROXECTO PRESPO ELABORAN NOVOS MATERIAIS PARA A PROMOCIÓN DE INICIATIVAS DE DIVERSIFICACIÓN DA PESCA EN EUROPA

  • O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR traballa neste ámbito xunto a nove organismos e institucións de Francia, Portugal e España
  • O obxectivo de todos eles é contribuír a garantir o desenvolvemento sostible das pesqueiras do Arco Atlántico

O Centro Tecnolóxico do Mar está a promover unha guía de recomendacións e unha base de datos on-line cara á promoción de iniciativas de diversificación da pesca no ámbito europeo. Este traballo estase desenvolvendo no marco do proxecto europeo PRESPO, no que a Fundación galega traballa xunto a nove organismos e institucións de Francia, Portugal e España co obxectivo de contribuír a garantir o desenvolvemento sostible das pesqueiras artesanais do Arco Atlántico.

Están xa moi adiantados os traballos para a elaboración dunha guía de recomendacións para a promoción de iniciativas de diversificación, así como unha base de datos on-line de ámbito europeo sobre a mesma temática, ao tempo que se está a traballar nun modelo de análise de viabilidade das iniciativas de diversificación.

No que se refire ás actividades previstas, o grupo de traballo ten previsto realizar unha análise da demanda de actividades de diversificación, concretamente do denominado “turismo mariñeiro” (pescaturismo, rutas marítimas, etc..), co fin de identificar o mercado potencial destas iniciativas en España. A posta en marcha do devandito estudo debaterase na reunión que os socios de PRESPO manterán nuns días en París.

Coordinado polo Instituto Nacional de Recursos Biolóxicos-IPIMAR de Portugal, o proxecto PRESPO é financiado pola Unión Europea e pola Consellería do Mar. Durante os tres anos de vixencia desta iniciativa, que remata a finais de 2011, os seus socios están a traballar no desenvolvemento de instrumentos alternativos para a xestión integrada das pesqueiras costeiras, que permitan mellorar a actual política de xestión dos recursos pesqueiros comúns explotados pola flota artesanal no espazo Atlántico. PRESPO pretende contribuír así á organización das pesqueiras costeiras e á promoción da súa sustentabilidade, garantindo o mantemento dos postos de traballo do sector e das industrias asociadas a el.

Ademais da diversificación das actividades dos profesionais da pesca, o proxecto aposta pola valorización dos produtos como outra das vías a empregar cara a sustentabilidade do sector, ao tempo que puxo en marcha observatorios das pesqueiras artesanais locais e rexionais que actúan como foros de debate e discusión entre pescadores, científicos e administracións.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: