Archivo | mayo 26, 2011

MAR PUBLICARÁ PROXIMAMENTE A ORDE DE AXUDAS A TRAVÉS DA QUE SE SUBVENCIONARÁ ATA O 25% DA PÓLIZA SEGURO MARÍTIMO OBRIGATORIO

  • Vidal-Pardo explicou que a Consellería tamén elaborou unha orde de axudas específica para mariscadores a pé a través da que tamén se subvencionará ata o 25%
  • O secretario xeral subliñou que o traspaso dos barcos de Gardacostas, Sebastián De Ocampo e Irmáns García Nodal, ao 2º rexistro supón un aforro de 274.000 euros
  • No que vai de lexislatura a Consellería do Mar superou en execución orzamentaria ao anterior goberno, cuns 52 millóns de euros máis

  • Pablo Fernández anunciou que a Xunta agarda a que nas vindeiras semanas se corrixa esta situación da cota de cigala e se poida dispor das cantidades necesarias

A Consellería do Mar publicará proximamente a orde de axudas a través da que se subvencionará ata o 25% da póliza seguro marítimo obrigatorio. Así o explicou esta mañá o secretario xeral técnico da Consellería do Mar, Francisco Vidal-Pardo, que dixo que a Consellería agarda que a orde saia publicada no Diario oficial de Galicia en “non máis de dúas semanas”. Leer Más…

A XUNTA DESTACA A CONSECUCIÓN DE CATEGORÍA INTERNACIONAL DA 47 EDICIÓN DO RALLYE RÍAS BAIXAS, QUE O CONVERTE NUNHA REFERENCIA NO MUNDO DO AUTOMOVILISMO

  • O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, participaron esta mañá na presentación desta nova edición da proba deportiva, que se celebrará os vindeiros días 2, 3 e 4 de xuño

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, participaron esta mañá na presentación da 47 edición do Rallye Internacional Rías Baixas que se celebrará os vindeiros días 2, 3 e 4 de xuño e que este ano conta con importantes novidades e que pasan pola obtención de categoría internacional da proba e, por outra banda, por levar a cerimonia oficial de saída ás rúas do Casco Vello de Vigo. Leer Más…

ÁBACO ESTREA NOVA PÁXINA WEB – A Guarda

Ábaco dende os seus primeiros pasos, sempre lle quixo dar especial importancia a adaptación que as novas tecnoloxías deben de ter para garantir o presente e futuro
das nosas empresas.   Obsesionados con este tema, pomos en marcha o día de hoxe, 26 de maio de 2011 a
nova páxina web, http://www.asociacionabaco.es un portal moito máis atractivo, áxil, dinámico, sinxelo para o usuario e cunha presentación que define dende un primeiro Leer Más…

MARCO en Vigo: exposición bibliográfica doazón F. Mantecón

A Biblioteca-Centro de documentación do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, presenta nas súas instalacións unha mostra bibliográfica que reúne unha selección de publicacións da biblioteca do artista e deseñador gráfico Francisco Mantecón. Estes fondos bibliográficos son produto dunha doazón realizada pola viúva do artista, Pilar Barreiro Mosquera, á Biblioteca do MARCO

Francisco Mantecón Rodríguez (Vigo, 1948-2001) é un referente indiscutible no mundo da plástica e o deseño gráfico en Galicia. Cursou a súa licenciatura en Belas Artes na Escola Sant Jordi de Barcelona, e despois de varias estancias en Europa volveu a Vigo, onde se estableceu definitivamente a partir de 1977. A súa traxectoria como artista inclúe numerosas exposicións individuais e colectivas, desenvolvendo unha intensa actividade docente e creativa. Formou parte do grupo ‘Atlántica’ dende os seus inicios, e doutros movementos vangardistas. Dende mediados dos setenta comeza a traballar no deseño gráfico que acentúa as estruturas analíticas, planas, con modulacións de luces sutís, fondos negros e liñas paralelas, sinais de identidade da súa pintura. Cada ano, as bodegas Terras Gauda convoca o Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario que leva o seu nome, ao que acuden artistas de todo o mundo.

+ info en www.franciscomantecon.eu

Para esta exposición bibliográfica, na Biblioteca-Centro de documentación do MARCO realizouse unha coidada selección dos fondos máis destacados da biblioteca de Francisco Mantecón, que inclúen catálogos de Bienais xa descatalogados, libros sobre teoría social da arte, e publicacións específicas sobre deseño gráfico. Despois do labor de catalogación e arquivo, todos os fondos que conforman esta biblioteca están a disposición dos usuarios na Biblioteca-Centro de documentación do MARCO.

E.D.VIGO2015-Rápido de Bahía…FASE ASCENSO INFANTIL LIGA GALLEGA

Este sábado todos a coya con nuestros infantiles partido complicadisimo ante un gran rival que quiere volver a la liga gallega…Os necesitamos a todos ANIMANDO.

Noticias Ayuntamiento de Vigo 26-05-11


O alcalde inaugura Nau 2011 e destaca a capacidade do sector para xerar emprego

Abel Caballero participou na mañá deste xoves no acto de inauguración dun salón que pretende reactivar a economía do sector e manter o interese entre afeccionados e público en xeral. Trala intervención do alcalde procedeuse á apertura do Salón Náutico e de Galigolf coa “botadura” simbólica da embarcación Riva, coñecida polo seu avanzado deseño.

 


Vigo recibe unha Distinción Temática de ADEAC polos seus programas de educación ambiental

A concellería de Medioambiente, dirixida pola socialista Chus Lago, ven de recibir da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor unha Distinción Temática á información e educación ambiental . A mención chega da man das bandeiras azuis outorgadas anualmente nas que Vigo mantén o número de distintivos nos seus areais.

 


O tenente de alcalde di que o Rallye Rías Baixas, que será do 2 ao 4 de xuño, é exemplo dunha “gran organización”

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, participou este xoves na presentación da 47 edición do Rallye Internacional Rías Baixas, que percorrerá diversos concellos do sur da provincia de Pontevedra do 2 ao 4 de xuño. O nacionalista afirmou que, como cada ano, este evento é “un gran acontecemento e unha gran organización”, xa que este ano acadou a cualificación de internacional e posibilita a participación de 68 equipos.

 


Iolanda Veloso pechou o ciclo “Muller e sáude integral”, que apostou pola actividade física como beneficio indiscutible

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, clausurou este xoves o ciclo muller e saúde integral, que entre abril e maio desenvolveuse na Casa das Mulleres e que rematou cunha conferencia sobre os beneficios do deporte para a saúde da muller.

 


A Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas continúa a súa actividade de animación á lectura entre os máis pequenos da casa

A Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, situada na Avenida Martínez Garrido nº 21, continúa a súa labor de animación á lectura entre os máis pequenos da casa. Tras as actividades realizadas por mor do día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o Día do Libro, o Día das Letras Galegas e a visita dos Ratiños da Caixa a biblioteca inicia “Os Sabadiños”. Estas actividades terán lugar o 4, 11, 18 e 25 de xuño e 2, 9 e 16 de xullo de 12.00 a 13.30 horas na propia biblioteca. Están recomendadas a nenos maiores de 5 anos.

 


O domingo inícianse as Bici Rutas Vigo 2011 con saída e chegada ao Náutico

O Club Ciclista Vigués – Autronic celebrará as Bici Rutas Vigo 2011 en tres xornadas, os días 29 de maio e 5 e 12 de xuño. Trátase de tres paseos en bicicleta para gozar do exercicio ao aire libre, da propia cidade e as súas magníficas inmediacións.

EL CONCELLO DO PORRIÑO RECIBE LA RESOLUCIÓN DEL EXPEDIENTE DE SANCIÓN POR LAS OBRAS EN EL PASEO DEL LOURO con la determinación de una simple infracción administrativa leve

De esta manera se desmiente lo dicho en su momento por el portavoz del grupo socialista en la Corporación Municipal de que el Gobierno local había incurrido en una infracción que le supondría una sanción económica por parte de Confederación Hidrográfica de unos 6.000 euros
Ahora, y gracias a la gestión del actual equipo de Gobierno, “Porriño y los porriñeses ya cuentan con esta gran espacio verde, una zona en la que evadirse, salir de la rutina o practicar deporte a escasos metros del centro de la villa con el que está conectado mediante un paso subterráneo”, manifiesta Nelson Santos

El alcalde asegura que existen ya otros proyectos a corto plazo para mejorar este espacio y recuperar la morfología del cauce del río.

www.concellodoporrino.net

A CONSELLEIRA DE FACENDA CLAUSURA MAÑÁ EN VIGO O 63 FORO DE ECONOMÍA E POLÍTICA REXIONAL

  • A Xunta está a traballar intensamente ante a UE para que Galicia teña un tratamento especial nos orzamentos comunitarios para o período 2014-2020
  • O obxectivo é evitar unha caída moi pronunciada das achegas comunitarias

A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, clausurará mañá en Vigo o 63 Foro de Economía e Política Rexional, coa presenza dos responsables na xestión de fondos estruturais do Ministerio de Economía e das comunidades autónomas, para coordinar as políticas neste ámbito. Neste foro participan representantes da Dirección Xeral de Fondos, Oficina Nacional de Auditoría e Unidade Administrativa do Fondo Social Europeo e todos os organismos intermedios de xestión de Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e de Fondo Social Europeo (FSE). Igualmente conta coa presenza do responsable de asuntos económicos da Representación Permanente de España ante a Comisión Europea, en Bruxelas. Entre os asuntos que se abordan, están os relacionados coa execución, seguimento e control dos distintos programas operativos de FEDER e FSE, especialmente os relacionados cos Comités de Seguimento que se celebrarán o vindeiro mes de xuño. Na estratexia comunitaria para o actual período 2007-2013 Galicia benefíciase de maneira directa nos programas rexionais FEDER e FSE, así como nos programas plurirrexionais vinculados coa I+D+i, coa loita contra a discriminación, coa adaptabilidade e emprego e coa cooperación territorial. No seu conxunto permitirán levar a cabo proxectos de políticas de cohesión nos terreos do investimento, formación, innovación e medio ambiente, entre outros, por riba dos 6.000 millóns de euros no período de 2007 a 2013. Ademais, a Xunta está a traballar de maneira intensa ante a Comisión Europea para acadar que nos orzamentos comunitarios para o período 2014-2020 se inclúa un tratamento especial para aquelas rexións que, como Galicia, sairán do Obxectivo Converxencia por primeira vez, co obxectivo de evitar unha caída moi pronunciada das achegas comunitarias nese período.

 

 

A XUNTA REANUDA HOXE AS OBRAS DO EMISARIO EN VIGO, TRAS CATRO MESES PARALIZADAS POLO CONCELLO

 

  • A Consellería de Medio Ambiente retoma esta actuación despois de que o Xulgado do Contencioso Administrativo Nº 2 emitira o pasado martes un auto que ordena levantar o veto municipal
  • Dende o Goberno galego solicítase a colaboración do Concello de Vigo co fin de executar os traballos coa maior celeridade posible
  • O departamento que dirixe Hernández garante que todos os servizos afectados polas obras quedarán totalmente repostos ao seu remate, tal e como se fixo na rúa Cantabria
  • A Xunta xa rematou as obras do emisario correspondentes ao treito en terra no concello de Moaña e nestes momentos está a levar a cabo a fase submarina
  • A paralización forzada polo concello impedirá que o emisario estea rematado no mes de xuño
  • Augas de Galicia demostrou en todo momento a súa vontade de axilizar as obras debido á urxencia de asegurar o abastecemento a mais de 45.000 veciños do Morrazo Leer Más…

MAÑÁ COMEZA A VEDA DO POLBO QUE REMATARÁ O VINDEIRO 4 DE XULLO

  • A campaña extractiva remata mañá ás 16:00 horas da tarde e retomarase o 4 de xullo ás 6:00 horas da mañá

.- Mañá comeza a veda do polbo que rematará o vindeiro 4 de xullo. Así o recolle a resolución do 6 de maio de 2011, da Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, da Consellería do Mar, pola que se establece o período de veda para o polbo para o ano 2011, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 20 de maio. Leer Más…