Archive | mayo 28, 2011

O BNG valora moi positivamente os resultados acadados na comarca do Baixo Miño

O BNG  logra os mellores resultados da súa historia nestas eleccións ”

O Consello Comarcal do BNG fai unha valoración moi positiva dos resultados das eleccións municipais na comarca. O Responsábel da organización no Baixo Miño, Xosé Manuel Méndez, sinala que son os mellores resultados da historia do BNG na Comarca e agradece o apoio recibido polo Bloque Nacionalista Galego. Outro aspecto que destaca o dirixente nacionalista é que “o BNG se converteu nestas eleccións na segunda forza en número de votos na comarca”. Este aumento de votos vaille reportar ao BNG un deputado provincial polo Partido Xudicial de Tui do que até ahora non dispoñían. Méndez destaca dun xeito especial a maioría absoluta que consegue o BNG en Tomiño e conclúe dicindo “alí onde gobernamos a xente percibe con maior claridade o noso traballo. O noso proxecto baséase en por en valor os nosos recursos e mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños . Sentímonos con máis ánimo que nunca para seguir traballando a carón das traballadoras e os traballadores, dos pensionistas, dos comerciantes, dos pequenos e medianos empresarios, en definitiva da inmensa maioría desta sociedade.

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro colabora coa USC para a impartición de dous cursos de verán.

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, servizo adscrito á Deputación de Pontevedra, está a colaborar coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a impartición de dous cursos de verán relacionados coa camelia e a vide.Estes dous seminarios enmárcanse dentro dun elenco de 39 cursos que a Universidade de Santiago de Compostela oferta ó abeiro do programa “Universidade de Verán 2011”. En concreto, Areeiro ten participación na organización de “A camelia: influencia no desenvolvemento do sector viverístico ornamental e o turismo de Galicia” e “Xornadas de actualización na problemática fitosanitaria do viñedo”, nos que participará persoal de Areeiro da talla de Carmen Salinero (especialista técnico sanitario na rama de Laboratorio en Areeiro, ademais de presidenta da Sociedad Española de la Camelia) ou Pedro Mansilla (enxeñeiro xefe do Servizo de Fitopatoloxía de Areeiro).

 

Os participantes nestes dous cursos, con cadansúas 15 horas lectivas, terán dereito a un diploma acreditativo e un crédito de libre configuración, no caso de seren estudantes de grao, licenciatura, mestre ou enxeñería. En canto ás datas, o seminario que versa sobre a vide celebrarase os días 8 e 9 de setembro e o da camelia o 15 e 16 do mesmo mes.

O prazo de matriculación ábrese o vindeiro luns, 30 de maio

O prazo de matrícula para participar nestes cursos abrirase o vindeiro luns, día 30 de maio, para as matrículas en liña por Internet e o 20 de xuño no caso das formalizacións presenciais. O fin do prazo varía en función da data de celebración dos cursos, sendo o 26 de agosto o día límite para apuntarse ó seminario sobre os viñedos e o 2 de setembro para o da camelia. Para máis información: http://www.usc.es/cultura/uveran11cursos.htm

 

 

Comunicado Os Verdes – Grupo Verde

Despues de los resultados obtenidos en las elecciones Municipales os anunciamos que OS VERDES – GRUPO VERDE Vigo va a consolidarse definitivamente como fuerza en Vigo.
Iniciaremos una serie de acciones destinadas a la sensibilizacion de la gente hacia cuestiones como: el deterioro de nuestra Ria, la depuradora, el Patrimonio Historico, el urbanismo salvaje, el derroche Municipal, el albergue…como han venido haciendo desde diferentes frentes cada uno de nuestros miembros desde hace años, aumque a alguno le pese y diga que no nos conoce. La diferencia es que ahora nos hemos unido. Leer Más…

Círculo de Empresarios de Galicia reclama mayor coordinación administrativa para potenciar el sector turístico

  • Apuesta por fomentar la ‘Galicia multidestino’ y por que las ciudades se conviertan en escaparate de toda la comunidad
  • Las políticas localistas están obligando al sector a buscar alternativas por su cuenta
  • Propone analizar las posibilidades del turismo industrial para el Área Metropolitana de Vigo

.- “No es la primera vez que, en unas jornadas del Círculo de Empresarios de Galicia, ponentes y asistentes abogan por ampliar el foco, rehuyendo del localismo, pero posiblemente en ninguna otra fue tan contundente la opinión general ni tan dura la crítica contra la descoordinación”. Así comienzan las conclusiones extraídas por el Foro de Urbanismo e Infraestructuras del ciclo dedicado al sector turístico, recogidas ahora en un nuevo documento titulado ‘Vigo como destino turístico: estrategias e infraestructuras en el Área Metropolitana’. El documento, publicado dentro de la serie ‘Cuadernos para el Debate’, fue presentado esta mañana por el presidente del Círculo y el coordinador del FUI, Marcelino Otero y Xoán Ramón Carballo, respectivamente, ante los medios de comunicación. Colaboración interadministrativa, poner en valor lo propio y articular una política aeroportuaria al servicio de la empresa y no de intereses localistas, son las principales reivindicaciones que formuló el sector durante las jornadas. El documento repara también en los efectos que la globalización ha tenido en el sector, por cuanto obliga a apostar por un nuevo modelo de negocio, capaz de atender un turista más exigente y que, cada vez en mayor porcentaje, reclama multidestinos y multiexperiencias, frente al turista tradicional que buscaba descanso y, generalmente, sol y playa. Se abren, a juicio del FUI, grandes expectativas para una comunidad como la gallega y para un área metropolitana como la de Vigo, cuyo mensaje, sin embargo, ha de ser coordinado y conjunto. Debe apostarse por el nuevo tipo de turista, que quiere conocer mucho y se mueve mucho, por lo que las ciudades gallegas deben ser escaparates unas de las otras, sin renunciar a mostrar las esencias propias.

 

 

O FESTIVAL VIGO TRANSFORMA 2011 CONFIRMA AS INCORPORACIÓNS AO SEU CARTEL DE MOBY, ‘LOS CAMPESINOS!’ E OS GALEGOS ‘THE BLOWS’

  • O festival, que conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, acaba de poñer á venda a través de http://www.vigotransforma.com os 1.000 primeiros abonos de tres días para os concertos do 30 de xuño, o 1 e o 2 de xullo a 50 euros máis gastos.
  • A Xunta de Galicia promove a celebración do Festival Vigo Transforma, do 23 de xuño ao 2 de xullo, como un espazo de participación, convivencia e interrelación de diversas disciplinas artísticas dentro dun entorno urbano. Leer Más…

A CONSELLERÍA DO MAR REALIZA UN EXERCIZO DE ADESTRAMENTO DE LOITA CONTRA A CONTAMINACIÓN MARIÑA EN COORDINACIÓN CON SALVAMENTO MARÍTIMO EN MARÍN

  • O obxectivo deste simulacro é avanzar na loita contra a contaminación mariña, comprobar o bo funcionamento dos equipos dispoñibles para a loita contra a contaminación por hidrocarburos e adestrar ao persoal participante

A Consellería do Mar da Xunta de Galicia e Salvamento Marítimo do Ministerio de Fomento realizaron hoxe na Ría de Pontevedra un exercizo de adestramento de loita contra a contaminación mariña, no Porto de Marín. A realización deste exercizo, enmarcado no convenio de colaboración asinado entre a Xunta e o Ministerio, serviu para adestrar ao persoal participante no operativo no emprego dos medios para a loita contra a contaminación no mar por hidrocarburos, así como para o mantemento dos equipos materiais. Ao simulacro asistiu o subdirector xeral de Gardacostas, Lino Sexto, que seguiu de preto o desenvolvemento do operativo. Leer Más…

O Auditorio Municipal acolle este fin de semana as obras para público familiar “O castelo de lady Minimal” e “El castillo rojo”

A programación estable de artes escénicas que a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural organiza no Auditorio Municipal propón para este fin de semana dúas obras de teatro para público familiar. Mañá sábado, a compañía Títeres en Acción interpretará “O castelo de lady Minimal” ás 18 horas, mentres que o domingo a compañía La Maquiné levará a escena “El castillo rojo”, ás 18 horas. As entradas teñen un prezo de 3 euros para nenos e nenas até 12 anos e de 5 euros para maiores;e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.

Na obra “O castelo de lady Minimal”, presentará mañá algúns personaxes dos cadros de Malevich (precursor do minimalismo), así como a Lady Minimal e o príncipe Máximus protagonizando unha historia de amor e aceptación do diferente. Integrada por Guy Bobillo Pérez e Marcos Escariz Pérez, Títeres en Acción amosará a arte contemporánea, na que o minimalismo envolve tanto personaxes, como escenografía e música.

A compañía La Maquiné porá en escena o domingo un espectáculo musical baseado na obra de Washington Irving “Contos da Alambra”. Trátase dun mundo onírico de fantasía, cheo de cores e texturas, no que o mozo Irving viaxa ao Castelo Vermello, un palacio encantado cheo de marabillas onde atopará o tesouro máis belo que xamais puido imaxinar. O teatro xestual de actores, monicreques, obxectos e proxeccións fusiónanse coa música dos compositores Claude Debussy e Manuel de Falla.

 

MÁIS DE 2.000 ESTUDANTES E DOCENTES COÑECERON DURANTE ESTE CURSO A FÓRMULA DO COOPERATIVISMO

  • A campaña “Cooperativízate”, desenvolvida pola Consellería de Traballo e Benestar, achegouse a un total de 30 centros de ensino galegos no curso 2010-2011
  • O director xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, clausurou hoxe en Santiago de Compostela esta iniciativa

Un total de 2.025 persoas de todo Galicia, entre estudantes e profesores de centros de Bacharelato, Formación Profesional e Ocupacional, participaron no presente curso escolar 2010-2011 na campaña de divulgación Cooperativízate, desenvolvida pola Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Relacións Laborais, para promocionar o modelo cooperativo como saída laboral. Leer Más…

O CONSELLEIRO DE ECONOMÍA E INDUSTRIA ANUNCIA A SUSPENSIÓN DE FUNCIÓNS DO DIRECTOR DO IGAPE E DO SUBDIRECTOR DE INFORMACIÓNS ESPECIALIZADAS

  • Javier Guerra lembrou hoxe que tanto o director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) como o subdirector de Informacións Especializadas do Instituto “foron postos en liberdade sen medidas cautelares”
  • Ambos os dous teñen acordado apartarse das súas funcións “en tanto en canto non se resolva a súa situación xudicial”
  • A decisión do director e do subdirector “tómase en consecuencia co compromiso que teñen establecido e demostrado co Igape e coa Xunta de Galicia, e por preservar a imaxe dunha institución que seguro que vai seír reforzada”
  • “Entendemos que o traballo que se desenvolveu e se desenvolve no organismo público non pode verse empañado por esta situación, que confiamos en que será temporal e que se resolverá ao seu favor, demostrándose a súa profesionalidade e integridade persoal”, apuntou o conselleiro
  • O conselleiro de Economía e Industria asegurou que “imos seguir traballando con honestidade e transmitindo confianza aos emprendedores, como ten feito o Igape neste periodo, con 1.700 avais e salvando 16.000 empregos

O 90% das/os traballadoras/es de Unísono de Vigo secundan o paro para rexeitar os 300 despedimentos

Concentráronse ás portas da empresa na Gran Vía por espazo dunha hora, mobilización que terá continuidade pola tarde

As traballadoras e traballadores de Unísono en Vigo secundaron masivamente a folga convocada en protesta polos plans de deslocalización que está a executar a empresa de telemarketing e que provocaron o despedimento de 300 compañeiras/os no último ano. Coincidindo co paro, entre as 11.00 e as 12.00 horas realizaron unha concentración diante do centro de traballo da Gran Vía para esixir a readmisión das despedidas/os. A mobilización terá continuidade esta tarde de 17.00 a 18.00 horas, cando está prevista que as empregadas/os abandonen os seus postos para realizar unha nova concentración diante da compañía.

A delegada da CIG na empresa, Sira Carrera, explicou que no último ano producíronse máis de 300 despedimentos por fin de obra de campañas que están a ser trasladadas a Sudamérica. “Unísono ten centros de traballo en Chile e está a desviar chamadas para ese país”, denuncia. En maio do ano pasado o cadro era de 1.100 persoas, mentres que na actualidade ronda as 700. A empresa está a xustificar os despedimentos en base ao artigo 17 do convenio, isto é, pola baixada do volume de chamadas, cando o que están a facer é trasladalas a outros centros de traballo. “Trátase dunha estratexia orientada a incrementar os beneficios da compañía, tendo en conta que os soldos nese país son máis baixos”, sostén a representante sindical.

Ao mesmo tempo, advirte de que é posíbel que esta política da empresa provoque o peche de dous centros de traballo de Vigo porque o cadro de persoal estase a ver reducido de xeito considerábel. “A isto hai que sumar que tamén cabe a posibilidade de que perdamos unha das campañas máis importantes, que é a de Orange”, lamenta.

Dende a sección sindical da CIG en Unísono adiantaron que continuarán coas protestas para rexeitar os despedimentos e para denunciar que o convenio leva máis de 15 meses paralizado pola negativa da patronal a subscribilo. “Pretenden cambiar o artigo 17, que na actualidade di que os traballadores de obra poden ser despedidos se baixa o volume de traballo, para que tamén poidan ser despedidos os indefinidos cando baixe o número de chamadas dunha campaña determinada, para o que se contemplaría unha indemnización de oito días por ano traballado”, explican.