A CONSELLERÍA DO MAR REALIZA UN EXERCIZO DE ADESTRAMENTO DE LOITA CONTRA A CONTAMINACIÓN MARIÑA EN COORDINACIÓN CON SALVAMENTO MARÍTIMO EN MARÍN

  • O obxectivo deste simulacro é avanzar na loita contra a contaminación mariña, comprobar o bo funcionamento dos equipos dispoñibles para a loita contra a contaminación por hidrocarburos e adestrar ao persoal participante

A Consellería do Mar da Xunta de Galicia e Salvamento Marítimo do Ministerio de Fomento realizaron hoxe na Ría de Pontevedra un exercizo de adestramento de loita contra a contaminación mariña, no Porto de Marín. A realización deste exercizo, enmarcado no convenio de colaboración asinado entre a Xunta e o Ministerio, serviu para adestrar ao persoal participante no operativo no emprego dos medios para a loita contra a contaminación no mar por hidrocarburos, así como para o mantemento dos equipos materiais. Ao simulacro asistiu o subdirector xeral de Gardacostas, Lino Sexto, que seguiu de preto o desenvolvemento do operativo.

O simulacro foi coordinado por Gardacostas de Galicia e o suposto caso consistía nunha vertedura pola rotura dunha mangueira de subministro dun buque atracado no peirao, durante as operacións de toma de combustible dende un camión cisterna. O exercizo contempla vertedura, simulada cun colorante inocuo, que se estende sobre o peirao nunha pparte; noutra parte permanece na dársena portuaria, outra ameaza con achegarse ao banco marisqueiro de Praceres e inclúense manchas fragmentadas pola ría. Para esta actuación mobilizáronse numerosos medios materiais e humanos do Servizo de Gardacostas, de Portos de Galicia, do Porto de Marín, da Garda Civil do Mar, do Intecmar e de Salvamento Marítimo.

O dispositivo comezou coa saída do helicóptero Pesca I para o recoñecemento da zona e coa botadura de 6 boias de deriva para o seguimento da vertedura. De seguido persoal do Porto de Marín e de Portos de Galicia instalaron a barreira ríxida de contención Markleen 850 co obxectivo de confinar a falsa vertedura da zona portuaria. Ademais, para protexer o banco marisqueiro de Praceres, persoal de Sasemar, de Portos de Galicia e do Porto de Marín despregaron as barreiras Sea Sentry USS 42HB e RO Boom 1000 coa conseguinte recuperación do produto retido co skimmer Normar 50 Combi-Casette dende o Buque Irmáns García Nodal.

Posteriormente, para a recollida do suposto hidrocarburo disperso, os gardacostas despregaron a barreira Harbour Buster que foi remolcada polos pesqueiros. Para absorber o hidrocarburo confinado na zona portuaria, empregouse o skimmer Desmi-belt Terminator. O simulacro rematou co trasvase do produto recuperado coa barreira Harbour Buster utilizando o skimmer Foliex TDS 150 por persoal de Sasemar dende unha embarcación auxiliar de acuicultura.

UNIDADES PARTICIPANTES

CONSELLERÍA DO MAR

SALVAMENTO MARÍTIMO

OUTROS

Helicóptero Pesca I R/S María Pita

 

2 embarcacións auxiliares de acuicultura

Buque Irmáns García Nodal Embarcación auxiliar do R/S María Pita

 

2 embarcacións de pesca

Embarcación auxiliar do Irmáns García Nodal

 

E/S Salvamar Mirach

 

P/V Corvo Mariño
E/V Pena Trevinca

 

B/R Josita C

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: