MÁIS DE 2.000 ESTUDANTES E DOCENTES COÑECERON DURANTE ESTE CURSO A FÓRMULA DO COOPERATIVISMO

  • A campaña “Cooperativízate”, desenvolvida pola Consellería de Traballo e Benestar, achegouse a un total de 30 centros de ensino galegos no curso 2010-2011
  • O director xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, clausurou hoxe en Santiago de Compostela esta iniciativa

Un total de 2.025 persoas de todo Galicia, entre estudantes e profesores de centros de Bacharelato, Formación Profesional e Ocupacional, participaron no presente curso escolar 2010-2011 na campaña de divulgación Cooperativízate, desenvolvida pola Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Relacións Laborais, para promocionar o modelo cooperativo como saída laboral.

A iniciativa, posta en marcha no mes de setembro do pasado ano, tivo como protagonista unha Escola Móbil que viaxou itinerante por trinta localidades de Galicia durante o curso escolar e que esta semana remata a súa programación no CIFP Politécnico de Santiago.

Coincidindo co remate das sesións didácticas programadas para este curso, esta mañá tivo lugar no Politécnico de Santiago o acto de clausura, presidido polo director xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, ao que asistiu unha ampla representación dos equipos directivos dos institutos participantes, que recibiron un diploma pola súa colaboración no proxecto. Na sesión de clausura tamén houbo unha parte expositiva, na que responsables de tres cooperativas -Taibo, Talleres Rocal e Nova Aseconia- explicaron aos estudantes asistentes as súas respectivas experiencias para ser competitivos no mercado dende a fórmula da cooperativa.

Como balance, a Escola Móbil achegou a mensaxe do cooperativismo a un conxunto de 30 centros de ensino, 60 profesores e 1.965 estudantes. Deles 432 foron na provincia de Pontevedra –na que se visitaron 6 institutos-; 325 na provincia de Ourense –con estadías en 5 institutos-; 293 alumnos na provincia de Lugo –en 7 institutos-; e 915 alumnos na provincia da Coruña –na que se programaron sesións en 12 institutos- .

Cooperativízate cumpriu dous obxectivos complementarios: por unha banda promocionar o cooperativismo como saída laboral entre a mocidade e, por outra, ampliar os coñecementos do profesorado sobre esta materia, para que os efectos da campaña teñan continuidade a través da futura labor dos docentes.

O proxecto realizouse cunha didáctica deseñada á medida da mocidade, con charlas sobre a alternativa que representa o cooperativismo como vía de acceso ao mercado laboral, impartidas por dous monitores especializados na materia, mediante técnicas de aprendizaxe participativas e lúdicas e obradoiros a través dos cales os mozos descubriron as principais vantaxes do modelo cooperativa.

A metodoloxía das sesións foi eminentemente práctica, para transmitir aos participantes os valores da cooperación, as habilidades sociais cooperativas, os pasos necesarios para crear unha cooperativa e a análise de casos de cooperativas de éxito.

Web interactiva

Para favorecer a formación dos estudantes a Consellería habilitou a páxina web www.eusumo.coop co soporte técnico necesario para poder emprender un proxecto cooperativo, titorías online para poder realizar exercicios prácticos e consultar dúbidas e unha biblioteca con manuais didácticos sobre cooperativas e un catálogo de experiencias.

O portal web ofrece tamén documentación e recursos de interese coma a normativa, axudas, subvencións, requisitos e trámites necesarios para a constitución de cooperativas, asi como un test do emprendedor a través do cal poder medir as habilidades sociais para emprender e coordinar cos socios un reparto axeitado de responsabilidades para o bo funcionamento da cooperativa.

Asemade, os interesados poden poñer a proba na web as súas habilidades cooperativas co xogo de plataformas “Perdidos en Cooperalia”, onde o xogador manexa a tres persoaxes con destrezas diferentes aos que debe facer cooperar sumando forzas para conseguir a súa misión con éxito.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: