O 90% das/os traballadoras/es de Unísono de Vigo secundan o paro para rexeitar os 300 despedimentos

Concentráronse ás portas da empresa na Gran Vía por espazo dunha hora, mobilización que terá continuidade pola tarde

As traballadoras e traballadores de Unísono en Vigo secundaron masivamente a folga convocada en protesta polos plans de deslocalización que está a executar a empresa de telemarketing e que provocaron o despedimento de 300 compañeiras/os no último ano. Coincidindo co paro, entre as 11.00 e as 12.00 horas realizaron unha concentración diante do centro de traballo da Gran Vía para esixir a readmisión das despedidas/os. A mobilización terá continuidade esta tarde de 17.00 a 18.00 horas, cando está prevista que as empregadas/os abandonen os seus postos para realizar unha nova concentración diante da compañía.

A delegada da CIG na empresa, Sira Carrera, explicou que no último ano producíronse máis de 300 despedimentos por fin de obra de campañas que están a ser trasladadas a Sudamérica. “Unísono ten centros de traballo en Chile e está a desviar chamadas para ese país”, denuncia. En maio do ano pasado o cadro era de 1.100 persoas, mentres que na actualidade ronda as 700. A empresa está a xustificar os despedimentos en base ao artigo 17 do convenio, isto é, pola baixada do volume de chamadas, cando o que están a facer é trasladalas a outros centros de traballo. “Trátase dunha estratexia orientada a incrementar os beneficios da compañía, tendo en conta que os soldos nese país son máis baixos”, sostén a representante sindical.

Ao mesmo tempo, advirte de que é posíbel que esta política da empresa provoque o peche de dous centros de traballo de Vigo porque o cadro de persoal estase a ver reducido de xeito considerábel. “A isto hai que sumar que tamén cabe a posibilidade de que perdamos unha das campañas máis importantes, que é a de Orange”, lamenta.

Dende a sección sindical da CIG en Unísono adiantaron que continuarán coas protestas para rexeitar os despedimentos e para denunciar que o convenio leva máis de 15 meses paralizado pola negativa da patronal a subscribilo. “Pretenden cambiar o artigo 17, que na actualidade di que os traballadores de obra poden ser despedidos se baixa o volume de traballo, para que tamén poidan ser despedidos os indefinidos cando baixe o número de chamadas dunha campaña determinada, para o que se contemplaría unha indemnización de oito días por ano traballado”, explican.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: