O Auditorio Municipal acolle este fin de semana as obras para público familiar “O castelo de lady Minimal” e “El castillo rojo”

A programación estable de artes escénicas que a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural organiza no Auditorio Municipal propón para este fin de semana dúas obras de teatro para público familiar. Mañá sábado, a compañía Títeres en Acción interpretará “O castelo de lady Minimal” ás 18 horas, mentres que o domingo a compañía La Maquiné levará a escena “El castillo rojo”, ás 18 horas. As entradas teñen un prezo de 3 euros para nenos e nenas até 12 anos e de 5 euros para maiores;e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.

Na obra “O castelo de lady Minimal”, presentará mañá algúns personaxes dos cadros de Malevich (precursor do minimalismo), así como a Lady Minimal e o príncipe Máximus protagonizando unha historia de amor e aceptación do diferente. Integrada por Guy Bobillo Pérez e Marcos Escariz Pérez, Títeres en Acción amosará a arte contemporánea, na que o minimalismo envolve tanto personaxes, como escenografía e música.

A compañía La Maquiné porá en escena o domingo un espectáculo musical baseado na obra de Washington Irving “Contos da Alambra”. Trátase dun mundo onírico de fantasía, cheo de cores e texturas, no que o mozo Irving viaxa ao Castelo Vermello, un palacio encantado cheo de marabillas onde atopará o tesouro máis belo que xamais puido imaxinar. O teatro xestual de actores, monicreques, obxectos e proxeccións fusiónanse coa música dos compositores Claude Debussy e Manuel de Falla.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: