O FESTIVAL VIGO TRANSFORMA 2011 CONFIRMA AS INCORPORACIÓNS AO SEU CARTEL DE MOBY, ‘LOS CAMPESINOS!’ E OS GALEGOS ‘THE BLOWS’

  • O festival, que conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, acaba de poñer á venda a través de http://www.vigotransforma.com os 1.000 primeiros abonos de tres días para os concertos do 30 de xuño, o 1 e o 2 de xullo a 50 euros máis gastos.
  • A Xunta de Galicia promove a celebración do Festival Vigo Transforma, do 23 de xuño ao 2 de xullo, como un espazo de participación, convivencia e interrelación de diversas disciplinas artísticas dentro dun entorno urbano.

A Consellería de Cultura e Turismo vén de confirmar as incorporacións de Richard Melville, coñecido mundialmente como Moby, da banda británica Los Campesinos! e do grupo vigués The Blows ao cartel musical da segunda edición do Festival Vigo Transforma 2011 que terá lugar en Vigo do 23 de xuño ao 2 de xullo de 2011 no marco do Ano da Música de Galicia. Ademais, o festival acaba de poñer á venda a través de www.vigotransforma.com, nunha promoción exclusiva, os 1.000 primeiros abonos de tres días para os concertos do 30 de xuño, o 1 e o 2 de xullo a 50 euros máis gastos.

A través dun completo elenco de artistas nacionais e internacionais, o Festival Vigo Transforma organizado pola Xunta de Galicia, o Porto de Vigo, Esmerarte e Music2Day, configúrase como un espazo de participación, convivencia e interrelación de diversas disciplinas artísticas dentro dun ámbito urbano.

O popular compositor nacido en Harlem, Moby, acaba de publicar o seu noveno álbum de estudio, Destroyed, composto por quince cortes que tivo que escoller entre os máis de 200 que escribiu durante a súa última xira. Ao longo da súa carreira, Moby actuou con artistas do talle de The Prodigy e Richie Hawtin, colaborou con nomes como Lou Reed, David Bowie ou Public Enemy, e o seu álbum Play, do que venderon máis de 10 millóns de copias en todo o mundo, é o disco de música electrónica máis vendido da historia.

O grupo Los Campesinos! formouse no 2006 na Universidade de Cardiff, en Gales. Dous anos despois, os seus sete membros lanzaron o seu álbum debut Hold on Now Youngster…Ese mesmo ano, en 2008, xa tiñan listo o seu segundo traballo We are beautiful. We are doomed. Con estes dous discos, Los Campesinos! xiraron por Europa, Estados Unidos e Sudamérica. En 2010, publicaron o seu último traballo, Romance is boring, cun son máis profundo pero mantendo a potencia desta banda multiinstrumental.

O festival tamén incorpora ao seu cartel á banda viguesa The Blows formada por Roy Basanta, Bruno Mosquera, Alex Lago e Gael Pintos. Actualmente, o grupo formado en 2006 traballa na gravación do seu próximo disco.

Recentemente uníronse a esta segunda edición de Vigo Transforma o grupo belga dEUS, o dúo canadense Junior Boys e o americano Toro y Moi. Estes nomes súmanse aos dos grandes artistas nacionais e internacionais xa confirmados Yann Tiersen, Vetusta Morla, The Pains of Being Pure at Heart, Russian Red, Xoel López, The Gift, Ron Sexsmith, Catpeople, Eladio y los Seres Queridos e Hola a Todo el Mundo. Proximamente, anunciaranse o resto de contidos e actividades que conformarán o cartel do Vigo Transforma 2011, a programación por días e o prezo xeral das entradas por días.

Segunda edición

Vigo contará por segundo ano consecutivo co Festival Vigo Transforma. Con dous espazos para a música, a programación musical centrarase nos días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo. Os concertos, ao igual que na primeira edición, compleméntanse cunha programación alternativa centrada en instalacións artísticas repartidas pola cidade. O festival no será só música, xa que desde o 23 de xuño e ata a súa finalización, a iniciativa Vasos Comunicantes, coordinada polo artista galego afincado en Bruxelas Isaac Cordal, encherá espazos significativos da cidade de Vigo con diferentes traballos de arte, ciencia e tecnoloxía. O obxectivo é empapar do espírito do Festival a todo o que se atope na cidade durante eses días. Facer ao público partícipe do evento e transformar a cidade. Unha serie de proxectos nos que se dan cita artistas de diversas procedencias mediante chamativas e provocativas iniciativas e instalacións multimedia que inundarán o entorno urbano, e este ano amplíase a oferta con máis obradoiros e proxección de documentais. Como novidade este ano incluíuse o ámbito da moda dentro das actividades programadas como Vasos Comunicantes, contando coa colaboración de varios deseñadores e entidades de formación.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: