Archive | mayo 29, 2011

Comunicado:ÁBACO RECORDA “NOVA PÁXINA WEB” E ASAMBLEA XERAL

Dende ábaco queremos recordarvos que dende o pasado xoves 26 de maio, temos unha nova páxina web http://www.asociacionabaco.es para todos aqueles que queiran
visitar este portal, definido como áxil, sinxelo e moi atractivo para todos os usuarios. Tamén temos un enlace directo con “Facebook” e “Twitter”, as redes sociais máis actualizadas e visitadas.  Queremos recordar a tódolos socios desta entidade que hoxe, luns 30 de maio de 2011 celébrase a Asemblea Xeral Ordinaria na sede social sita en Rúa Ireira, 9 – baixo en A Guarda, as 20:30 horas en 1ª convocatoria e as 21:00 horas en 2ª.

Los recitales del Grupo Poético Brétema de Vigo prosiguen sin descanso, si el pasado año recitaron en casi todos los centros Culturales y museos, este año 2011, son llamados a recitar casi todos los días.

El Grupo Brétema, recito el pasado día 18 de Mayo en el Liceo de Vilagarcia en la celebración de la V “Mesa das Verbas”, este recital se celebro a las 21 horas con una gran asistencia de publico. Acudieron 18 poetas componentes del Grupo Poético Brétema.

El día 19 del mismo mes se celebro en el Centro Cultural del Calvario un recital-festival con motivo “Do día das letras Galegas”, fue un recital poco común ya que entre poesía y poesía, actuaron el grupo de teatro recientemente creado por el propio grupo “Los Chamalus”, que interpreto la obra “Un tenorio del siglo XXI” cuyo autor es Don Mariano Marcos de Abalo componente de Brétema, esta obra fue interpretada por el propio Mariano, desempeñando el papel de Don Juan Tenorio, Doña Rosario Sabin Labadores, como Doña Inés, Don Santiago González Brañas como narrador y Doña Maria Luisa López como la Comendadora. Pequeña obra de teatro de corte cómico. Leer Más…

O Sindicato de Xornalistas defende o traballo dos fotógrafos de prensa

O abuso da figura de redactor-fotógrafo provoca máis paro e peores noticias

O Sindicato de Xornalistas de Galicia alerta das consecuencias negativas de obrigar aos redactores a tomar tamén fotografías. En primeiro lugar, os fotógrafos de prensa teñen cada vez menos espazos para traballar. En segundo lugar, a calidade da información, tanto gráfica como escrita, deteriorase.
É evidente que ninguén pode deter o avance tecnolóxico das cámaras dixitais e que as empresas son libres de organizar como queiran o seu cadro de persoal. Agora ben, impor aos redactores tarefas extras mentres se marxina aos profesionais cualificados non é admisible. Na recente campaña electoral por vez primeira ducias de redactores tiveron que, ademais de escribir informacións, tomar imaxes de roldas de prensa e mitins. Na práctica totalidade dos casos fixérono sen recibir unha formación mínima.
Peores textos, peores fotos

Para tomar unha boa fotografía con contido informativo cómpre tanto práctica como coñecementos técnicos. Ademais, agora os redactores teñen  menos tempo para completar a súa labor especializada, escribir informacións.
O resultado final é que a calidade das noticias é cada vez peor, tanto a nivel de imaxe como de contido informativo. Algo que non parece preocupar ás empresas, centrados en tirar páxinas como sexa co menor gasto posible. E é que os redactores son obrigados a sacar fotos sen recibir nin cursos nin cobrar máis cartos por produciren máis contidos.
O abuso dos redactores-fotógrafos xoga contra da xa deteriorada imaxe da profesión. Trátase dun paso máis na terrible precariedade que sofre o sector da comunicación, que aumenta mentres administracións e universidades, provedoras en masa de bolseiros precarios, miran para outro lado.

 

A FUNDACIÓN GALICIA EUROPA ASINA DOUS CONVENIOS DE COOPERACIÓN EDUCATIVA COAS UNIVERSIDADES DE VIGO E AUTÓNOMA DE BARCELONA

  • O acordo establece un programa de prácticas para os alumnos dos másters sobre a Unión Europea que ambas universidades imparten
  • O obxectivo é favorecer a integración dos mozos no mercado laboral así como a súa maior capacitación e experiencia profesional

A Fundación Galicia Europa vén de establecer dous convenios de cooperación educativa coa Universidade de Vigo (UVigo) e a Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) polos que acolle a dúas alumnas en prácticas na súa sede de Santiago de Compostela. As estudantes, procedentes do Máster de Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial e do Máster Oficial en Integración Europea que imparten as universidades galega e a catalá respectivamente, completarán a súa formación académica coa a realización destas estadías na FGE. Leer Más…

O GOBERNO GALEGO CONTRIBÚE AO FINANCIAMENTO DA ATENCIÓN SOCIAL DE MÁIS DE 10.000 GALEGOS RESIDENTES EN CARACAS

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, visitou hoxe o centro da Irmandade galega en Caracas onde asistiu á toma de posesión da nova directiva
  • Na súa intervención, destacou “a firme vocación de apoio mutuo que distingue como pobo solidario en todo o planeta” á colectividade galega

A Xunta de Galicia colaborará coa Irmandade Galega de Venezuela en Caracas para contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais das que se poderán beneficiar os máis de 10.000 galegos que forman parte de dita asociación, unha das máis grandes das que existen no mundo. Leer Más…