A ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO COLABORA COA USC PARA A IMPARTICIÓN DE DOUS CURSOS DE VERÁN

Os cursos, que versarán sobre o uso ornamental e viveirístico das camelias e os problemas fitosanitarios do viñedo, impartiranse nos Auditorios de Vilagarcía e Ribadumia, respectivamente.

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, servizo adscrito á Deputación de Pontevedra, está a colaborar coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a impartición de dous cursos de verán. Estes, versarán sobre os usos ornamentais e viverísticos das camelias e os problemas fitosanitarios do viñedo e impartiranse nos Auditoriso de Vilagarcía de Arousa e Ribadumia, respectivamente.

Estes dous seminarios enmárcanse dentro dun elenco de 39 cursos que a Universidade de Santiago de Compostela oferta ó abeiro do programa “Universidade de Verán 2011”. En concreto, Areeiro ten participación na organización de “A camelia: influencia no desenvolvemento do sector viverístico ornamental e o turismo de Galicia” e “Xornadas de actualización na problemática fitosanitaria do viñedo”, nos que participará persoal de Areeiro da talla de Carmen Salinero (especialista técnico sanitario na rama de Laboratorio en Areeiro, ademais de presidenta da Sociedad Española de la Camelia) ou Pedro Mansilla (enxeñeiro xefe do Servizo de Fitopatoloxía de Areeiro).

Os participantes nestes dous cursos, con cadansúas 15 horas lectivas, terán dereito a un diploma acreditativo e un crédito de libre configuración, no caso de seren estudantes de grao, licenciatura, mestre ou enxeñería. En canto ás datas, o seminario que versa sobre a vide celebrarase os días 8 e 9 de setembro e o da camelia o 15 e 16 do mesmo mes, ambos en horario de 9:30 a 12:30 horas e de 16:00 a 18:30 horas.

O prazo de matriculación ábrese hoxe

O prazo de matrícula para participar nestes cursos abriuse esta mesma mañá, para as matrículas en liña por Internet e abrirase o vindeiro 20 de xuño no caso das formalizacións presenciais. O fin do prazo varía en función da data de celebración dos cursos, sendo o 26 de agosto o día límite para apuntarse ó seminario sobre os viñedos e o 2 de setembro para o da camelia. Para máis información: http://www.usc.es/cultura/uveran11cursos.htm

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: