COMUNICADO DE PRENSA Alcaldía de Vigo

En relación aos comunicados remitidos este fin de semana polas Asociacións da Prensa de Vigo e da Coruña e recollida por distintos medios de comunicación, este Gabinete de Alcaldía desexa realizar as seguintes aclaracións:No mandato que agora conclúe o equipo de goberno encabezado polo socialista Abel Caballero ofreceu aproximadamente 1000 roldas de prensa. A todas elas foron convocados todos os medios de comunicación da cidade, sen excepcións e sen que se producira veto algún a ningún medio de comunicación nin a ningunha pregunta dos xornalistas. En ocasións chegáronse a producir dúas ou tres comparecencias diarias polo que se podería extraer unha cifra aproximada de 10.000 preguntas formuladas ao longo destes catro anos polos medios de comunicación da cidade. Nin unha sola destas preguntas foi vetada e nunca se fixo unha sola comparecencia pública do alcalde de Vigo sen citar a toda a prensa local. O procedemento da Alcaldía de Vigo neste período de tempo foi exemplar ademais de deixar constancia de que esta Alcaldía non ten recibido, nin ten constancia, de ningunha petición de adhesión á campaña da Asociación da Prensa da Coruña “Galicia, libre de roldas de prensa sen preguntas”. A Alcaldía é neste senso un exemplo e o alcalde a secundaría con gusto tras demostrar ao longo destes 4 anos que en todas as súas roldas de prensa están permitidas as preguntas. Os feitos criticados polas Asociacións de prensa tiveron lugar o pasado 26 de maio, día no que se produciu unha visita privada do alcalde que non estaba na axenda oficial e, polo tanto, non estaba prevista comparecencia pública. Nas primeiras horas desa mañá acordouse que non había inconveniente de aceso aos gráficos e se deu aviso aos medios que estaban no Concello. Durante a entrevista son os medios os que expoñen a posibilidade de declaracións e tras a resposta afirmativa da persoa que visitou ao alcalde realizáronse as mesmas a todos os medios presentes. Posteriormente distribuíuse a gravación íntegra -non parcial- coas declaracións”

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: