Comunicado de Vias y Obras de Vigo
Desde o Concello de Vigo lamentamos os feitos sucedidos na noite do 28 de maio que provocaron serios danos nas fontes da rúa Aragón. Parécenos intolerable que a celebración dun acontecemento deportivo remate na desfeita do patrimonio municipal. Os danos foron provocados por un número sen determinar de persoas que accederon as citadas fontes e, tal e como se desprende dunha primeira estimación de custos, ascenden a 8.000 euros. Nunha primeira inspección visual detectáronse danos en 6 dos 25 chorros da fonte lateral dereita así coma nunha das bombas. Ademais na fonte central hai 2 proxectores dobres danados e é necesario a limpeza desta última ao atoparse chea de espuma. Este Concello saudará sempre todo tipo de celebracións apropiadas pero cre inadmisible o deterioro do patrimonio municipal.
Isaura Abelairas,
concelleira de Vías e Obras en funcións