LOUZÁN CLAUSURA O PROGRAMA “TI TEMÉN CONTAS” QUE POSIBILITOU A FORMACIÓN DE 2.000 MAIORES

Un total de 2.000 maiores participaron hoxe no Castelo de Soutomaior no acto de clausura do programa “Ti Tamén contas” impulsado pola Deputación a través do cal as persoas maiores da provincia acceden de forma totalmente gratuíta a diversas actividades formativas, culturais, de estimulación e integración social.

O programa Ti Tamén Contas naceu fai sete anos co obxectivo de ofrecerlle ós maiores coñecementos sobre temas relacionados cos seus intereses, servizos e posibilidades, así como de contar coas súas aportacións e experiencia.

Así, a través de cursos formativos de 30 horas os participantes profundizan en materias de Desenvolvemento persoal e Saúde; Cultura Tradicional, Arte e Manualidades; cursos relacionados coa temática da discapacidade ( autoestima para maiores discapacitados, obradoiros de reminiscencia, estimulación cognitiva…); de Informática (pérdelle medo á computadora, internet…), e actividades formativas (consumo de drogas e alcohol, educación vial, preparación para a xubilación…).

O alto índice de participación, cunha media de 10.500 persoas dende o inicio de Ti Tamén Contas, 1.500 maiores ó ano, é unha proba obxectiva da dimensión da eficacia deste programa.

No 2011 a Deputación destinou a este programa un orzamento superior ós 180.000 euros. Participaron na iniciativa máis de 2.000 maiores procedentes de 114 asociacións. Precisamente, no acto celebrado hoxe no Castelo de Soutomaior algunhas asociacións realizaron actuacións para demostrar o aprendido, concretamente Cantos populares a cargo da Coral Alvedosa (Redondela); cantos populares do Club de Pensionistas (Sanxenxo); pandeireta e canto, Asoc. de Maiores Asomamos (Mos); bailes de Salón, Asoc. de Maiores de Ponteareas; e unha actuación de pandeireta e canto, Asoc. de Xubilados Santa Teresa (A Cañiza).

No acto de clausura, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, salientou que «o grande déficit de servizos e actividades para os maiores da casa obríganos a potenciar a oferta de actuacións en pro deste sector». Afirmou, neste senso, que «os concellos teñen grandes dificultades para ofertar este tipo de servizos pois non teñen recursos. Por iso a Deputación desenvolve e lidera unha estratexia de actuación de carácter supramunicipal para os nosos maiores».

Finalmente, recordou que «a Deputación combina para os Maiores programas de ocio, formación e cultura con servizos e axudas directas como a Teleasistencia Domiciliaria, as cooperativas de servizos de axuda a maiores, ou a creación e mantemento de infraestructuras».

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: