LUCÍA MOLARES COÑECEU OS TRABALLOS FEITOS POLOS USUARIOS E USUARIAS DO CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE RIVERA ATIENZA

  • A delegada territorial da Xunta fixo un percorrido polas distintas salas de exposicións, onde se amosan os traballos que os usuarios e usuarias realizaron nos distintos obradoiros.
  • Coa apertura das salas expositivas, Molares puxo fin as actividades do curso 2010/2011.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, participou esta mañá na apertura das salas expositivas do centro sociocomunitario Rivera Atienza, onde se poderán ver os traballos que os usuarios e usuarias realizaron ao longo deste ano nos distintos obradoiros de traballo poñendo así fin ás actividades do curso 2010/2011. Traxes rexionais galegos feitos a man, bolillos, bordados manuais, cadros feitos con esmalte ao lume, vidro, corte e confección ou manualidades diversas, entre outros, conforman a exposición que se abriu esta mañá oficialmente. Todos os traballos que agora ven a luz foron feitos polos usuarios e usuarias matriculados nos distintos obradoiros e actividades que oferta o centro sociocomunitario durante todo o curso 2010/2011 e que, nesta edición, foron máis de 500. Este ano o centro ofreceu a posibilidade de participar nos obradoiros musicais de guitarra, pandereta e gaita ademais dos novos cursos de inglés e cociña.

O centro sociocomunitario de Rivera Atienza é un dos máis participativos e cunha importante e novidosa programación de actividades de Vigo. Así, periódicamente acoden máis dun millar de persoas para pasar o seu tempo nas dependencias que a Xunta de Galicia ten en Martínez Garrido.

Con todo, e despois de realizar un percorrido pola mostra, Lucía Molares quiso agradecer e recoñecer públicamente o traballo feito polos usuarios e usuarias, polas monitoras e tamén polo equipo directivo do centro, recentemente renovado pola xubilación da súa antiga directora. O acto contou coas actuacións de gaitas e pandereta dos grupos do centro sociocomunitario ademais de ter a visita dos alumnos e alumnas do colexio de Lavadores, nenos e nenas de 2-3 anos, que tamén disfrutaron das actividades de fin de curso do centro de Rivera Atienza.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: