ROSA QUINTANA DESTACA A IMPORTANCIA DO SECTOR PESQUEIRO GALEGO, QUE APORTA 46.000 EMPREGOS E 4.700 MILLÓNS DE EUROS Á ECONOMÍA NACIONAL

  • A conselleira fixo fincapé na importancia de avanzar na comercialización para asegurar o futuro do sector pesqueiro galego e lembrou que o seu departamento destinou 30 millóns de euros a subvencións neste ámbito

.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe a importancia do sector pesqueiro galego e a súa achega á economía española, ao xerar 46.000 empregos e máis de 4.700 millóns de euros en movemento económico. Así o asegurou na inauguración da XII edición do congreso AECOC de produtos do mar, que tivo lugar esta tarde en Vigo e que reúne ás principais empresas pesqueiras de España.

A conselleira reiterou o seu empeño por “conseguir ser expertos comercializadores ademais de grandes pescadores, mariscadores ou acuicultores” e ao respecto cualificou este evento coma unha oportunidade para analizar o mercado, estudar as novas tendencias e avanzar na cadea de transformación e comercialización do sector marítimo pesqueiro, “para trazar o rumbo do sector profesional galego”.

A titular de Mar explicou que a Xunta está a centrar esforzos precisamente neste ámbito, o da comercialización, e, neste sentido, relatou diversas iniciativas que o goberno galego está a desenvolver para asegurar a viabilidade e sostibilidade das actividades pesqueiras, marisqueiras e acuícolas en termos ambientais, sociais e económicos. Unha delas é o novo decreto de comercialización, “que estamos a piques de sacar á luz”, pero tamén salientou os 30 millóns de euros que destinou este ano o goberno galego a mellorar as estruturas de comercialización e transformación. “Este ano adiantamos a convocatoria para axilizar e asegurar a súa inversión”, dixo.

Entre as medidas encamiñadas a avanzar na comercializaicón tamén destacou o proxecto TICPESC, instalado en diferentes portos galegos, para obter documentos que aseguran a trazabilidade dos produtos do mar ou as campañas de divulgación para revalorizar os produtos galegos e impulsar o seu consumo, especialmente as dirixidas aos máis pequenos.

Por último a conselleira agradeceu que asociación AECOC organizara deste congreso, que definiu “de referencia para o sector”, na nosa comunidade. Quintana amosouse segura de que ao finalizar este certame “estaremos en disposición de acadar solucións para o noso sector marítimo-pesqueiro e para a comercialización dos seus produtos”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: