Archive | mayo 2011

Noticias del Ayuntamiento de Vigo – 31-05-11

Educación e a Escola Municipal de Teatro presentan a programación dos obradoiros monográficos de verán

Neste espazo pedagóxico teatral impartiranse obradoiros especializados de diferentes áreas e terán como obxectivo ofrece ao alumnado recursos técnicos e creativos para a súa formación complementaria. Estes obradoiros versarán en torno a materias como seguridade escénica,creatividade corporal e creación colectiva na escena. Terán un compoñente fundamentalmente práctico e están destinado a adultos/as a partir de 16 anos.

 


Xabier Alonso di que “a sociedade ten que visualizar o traballo de canteira co exemplo do Seis do Nadal”

Xabier Alonso, concelleiro de Deportes en funcións, recibiu hoxe no Concello ao Balonmán Seis do Nadal-Coia, que a pasada fin de semana disputou a fase final do Campionato de España xuvenil masculino de balonmán.

 


A Vigo Cup supera por primeira vez en dez anos os 200 equipos participantes

A Vigo Cup 2011, do 4 ao 10 de xullo, baterá todas as marcas de participación. Na súa undécima edición e décimo aniversario, o torneo internacional de fútbol base supera por primeira vez os 200 equipos inscritos de forma moi folgada, un rexistro que estivo a punto de alcanzar en 2004 e 2009 (194).

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA XA TEN ADXUDICADA A OBRA DE MELLORA DO CEIP IGREXA-VALADARES DE VIGO

  • Os traballos de reparación e construción dun muro de mampostería foron adxudicados o pasado 13 de maio por un importe de 28.000 euros, actuación que foi comunicada á dirección do centro educativo.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través do seu departamento territorial, adxudicou o pasado 13 de maio a obra de reparación e construción dun muro de mampostería do CEIP Igrexa-Valadares de Vigo por un importe de 29.000 euros, logo de que se tivera que actuar de forma inmediata polo derrubamento de terras que se produciron a causa dos últimos temporais rexistrados na cidade.

Agora, a previsión é que as obras de mellora para levantar o muro comecen de forma inmediata co obxectivo de dar maior seguridade ao alumnado e a zona educativa. A empresa adxudicataria comezará cunha primeira fase das obras de xeito inmediato para continuar despois co resto da obra.

 

Unha vez que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria tivo comunicación da necesidade de realizar melloras no centro a consecuencia dos temporais rexistrados hai uns meses na cidade, o departamento territorial de Educación levou a cabo todos os trámites para contratar a obra de forma inmediata, que levaron a adxudicar os traballos o pasado 13 de maio.

 

 

Detrás do marco: Inauguración de la exposición "Vigo en HDR" y "Tapas Urbanas"

jueves 2 de junio a las 20 h. en Detrás do marco (c/Londres s/n, Vigo) se inaugurará la exposición “Vigo en HDR” y “Tapas Urbanas”, del fotógrafo Julio Alonso. Para amenizar este evento se contará con la actuación del grupo “La Comisaría” que versionará canciones de los Beatles.  Además de la originalidad del tratamiento de las imágenes, la exposición cuenta con varios atractivos añadidos: una fotografía-mural que ilustra el primer crucero que llegó al Puerto de Vigo en 1965 y una subasta benéfica de una de sus fotos, cuya recaudación irá destinada a la Asociación AMENCER.

Os nenos de Vigo pintan “de luxo” a auga

Seguindo o lema da IX Edición do Concurso Internacional de Debuxo Infantil de aqualia, ‘A auga, o luxo mais transparente’, os escolares de Vigo presentaron máis de 1.000 traballos ao certame deste ano

Os máis novos aprenden a protexer este ben tan prezado para todos

A auga foi, un ano máis, a protagonista entre os debuxos dos nenos de Vigo. Máis de 1.000 escolares de 30 colexios presentaron os seus traballos na IX Edición do Concurso Anual Internacional de Debuxo Infantil de aqualia.

Jose Mª Ardoy, xerente de aqualia en Vigo, deu os parabéns aos participantes, que “melloran cada ano a calidade dos seus debuxos, representando a auga coma un ben moi prezado que hai que coidar, como un luxo do que dispoñen nos seus fogares”, cumpríndose deste xeito as metas marcadas pola empresa con esta iniciativa.

Este ano, o lema “A auga, o luxo máis transparente” chama a atención sobre varios aspectos, ligados tanto ao carácter do propio recurso coma a súa xestión. aqualia está detrás do subministro de auga de calidade e en cantidade aos veciños de Vigo, devolvéndoa ao medio natural en óptimas condicións grazas á depuración despois do seu uso. “Gustaríanos que a mensaxe lanzada por nós chegara desde os máis novos – a través dos seus debuxos – ata o conxunto da sociedade”, conclúe Jose Mª Ardoy. O Concurso Internacional de Debuxo infantil de aqualia, que se celebra con motivo do Día Mundial da Auga (22 de marzo) converteuse nunha iniciativa moi acollida polos colexios e os seus alumnos, facendo posible levar o coñecemento da auga ás aulas para beneficio da sociedade e o medio ambiente. Por todo iso, o Concello de Vigo e aqualia séntense especialmente orgullosos do certame e agradecen a implicación e esforzo dos nenos e profesores da cidade.

 

 

ALUMNOS DE LA ACADEMIA BAMBALINA TRIUNFAN EN EL CAMPEONATO SOULBROTHERS DE DANZA MODERNA EN MADRID

La delegación viguesa se trajo un total de siete galardones, entre ellos a un musical inspirado en la figura de Michael Jackson.

La categoría “moderno junior” batió todos los récords, al alzarse con los tres primeros premios

Los alumnos de la Academia Bambalina, de Vigo, triunfaron en la quinta edición del Campeonato Soulbrothers de Danza Moderna y hip hop que se acaba de celebrar en Madrid, al conseguir hacerse con siete galardones, demostrando de ese modo su alto grado de preparación. Leer Más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA FINISTERRAE CESGA

  • Ricardo Capilla, presidente do Cesga e director xeral de I+D+i, lembrou que “Se queremos continuar progresando, a madurez da Ciencia no noso país esixe que os nosos investigadores teñan acceso a infraestruturas científicas do máis alto nivel”
  • A ampliación mellora a eficiencia enerxética dos equipos do CESGA Leer Más…

Xabier Alonso di que “a sociedade ten que visualizar o traballo de canteira co exemplo do Seis do Nadal”

O concelleiro de Deportes en funcións, Xabier Alonso, recibiu hoxe no Concello ao Balonmán Seis do Nadal-Coia, que a pasada fin de semana disputou a fase final do Campionato de España xuvenil masculino de balonmán. Por vez primeira, un equipo galego acadou o podio en categoría xuvenil nun campionato estatal de clubs. O nacionalista felicitou aos xogadores “pola experiencia vivida” e advertiu que “a sociedade ten que visualizar que os méritos deportivos non están só nos clubs de elite, nin no talonario ou os xogadores estranxeiros”, senón no traballo nas categorías inferiores. Para o concelleiro, que “un grupo de amigos que practica bo balonmán” consiga estes éxitos “é un valor engadido. Este é un traballo de moito tempo e de moita xente”, dixo. E felicitou ao club vigués “por crear base e estrutura social no barrio de Coia a través do deporte”.

Antón Piñeiro, presidente do club, agradeceu o apoio dos medios de comunicación e do Concello e asegurou sentirse “moi orgulloso do traballo que fixemos porque representamos de forma notable á cidade”. Para el, o primeiro obxectivo do Seis Nadal, tanto o de balonmán como o de baloncesto, “é facer sociedade, o que é fundamental”. O Seis do Nadal-Coia perdeu en Elxe diante do equipo local (40-30), que foi o campión, e do Barça (30-29), rematando terceiro a nivel estatal. Para o ano, once xogadores pasan xa á categoría senior.

El Rol de los agentes sociales en tiempos de crisis Staffan Nilsson, Presidente del Comité Económico y Social Europeo

El principal mensaje político de mi mandato como Presidente del Comité Económico y Social (CESE) es el compromiso de la sociedad civil por una Europa sostenible y democrática. El compromiso de todos los agentes sociales y otros grupos de interés de la sociedad civil es altamente importante en un momento en el que la UE tiene que tomar decisiones estratégicas a largo plazo, y optar por medidas políticas realistas y ambiciosas que den respuesta a los retos económicos y sociales de Europa. Un crecimiento sostenible para financiar los modelos sociales Europeos y promover nuestros intereses y valores a escala mundial, así como recuperar la confianza de los ciudadanos en la UE y en sus gobiernos es esencial para el futuro de Europa. La sostenibilidad y el crecimiento verde, la participación política y la solidaridad con el mundo en desarrollo son mis prioridades. Leer Más…

CIG-Metal convoca unha manifestación en Compostela para reclamar carga de traballo para o sector naval

A central nacionalista denuncia falta de vontade política para evitar o peche de moitas das empresas auxiliares da Ría de Vigo A CIG-Metal ten convocada unha xornada nacional de loita este mércores, 1 de xuño, en Compostela, en demanda de carga de traballo e o cumprimento dos compromisos políticos que garantan os empregos e o futuro do naval galego, un sector punteiro que nos últimos tempos rexistrou unha forte caída no emprego e cuxa presenza no tecido produtivo podería quedar reducida por mor da falta de novos contratos. A xornada enmárcase no calendario de mobilizacións que a federación ten realizado ao longo deste ano nas dúas comarcas onde o naval ten maior peso, Vigo e Ferrol, e reiterará o chamamento á responsabilidade dos Gobernos español e galego para facer fronte a esta crítica situación. Leer Más…

O CENTRO QUÉROTE + ANIMARÁ HOXE A MÁIS DE 2.000 MOZOS E MOZAS DAS TRES UNIVERSIDADES GALEGAS A ABANDONAR O CONSUMO DO TABACO

  • Hoxe, coincidindo co Día mundial sen tabaco, celébrase o acto de clausura da campaña de prevención do consumo de tabaco que se veu desenvolvendo durante este curso 2010-2011
  • Ata o momento, máis de 3.000 mozos e mozas recibiron información sobre esta temática, e ao redor de 800 persoas intercambiaron un cigarro por unha bolsa de lambetadas Leer Más…