A XUNTA AMOSA O SEU APOIO AO I SIMPOSIO INTERNACIONAL DE ELECTROMOBILIDADE, UN SECTOR “ESTRATÉXICO E VITAL” PARA APOSTAR POLA COMPETITIVIDADE E O FUTURO DA AUTOMOCIÓN

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, participou esta mañá na presentación do evento, que se levará a cabo os vindeiros días 9 e 10 de xuño na sala de exposicións da Zona Franca de Vigo.
  • Molares destacou a “clara” aposta do Goberno galego polo sector da automoción coa creación da Mesa da Electromobilidade, o investimento para desenvolver sete estacións de electromobilidade nas sete grandes cidades de Galicia ou a fabricación dos primeiros vehículos eléctricos da man de PSA-Peugeot Citroën.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, participou esta mañá na presentación do I Simposio Internacional de Electromobilidade, Enerxía e Medio Ambiente (SIMEM), que se levará a cabo os vindeiros días 9 e 10 de xuño nos salóns da Zona Franca de Vigo. Na súa intervención, a delegada do Goberno na cidade felicitou aos organizadores do evento e destacou a “oportunidade” que suporá este simposio para “poñer en valor” as “fortalezas” que ten a Comunidade Autónoma nun ámbito tan “estratéxico” coma é a automoción. Así, amosou o apoio da Xunta de Galicia ao sector da electromobilidade, que calificou de “estratéxico e vital” para afrontar o futuro da automoción con competitividade e cun último obxectivo que pasa pola conservación do medio ambiente. Neste senso, sinalou que a aposta da Administración autonómica é “clara” co “apoio e traballo conxunto” dos axentes implicados e do sector da automoción e, así, sinalou que esa aposta se amosa coa creación da Mesa da Electromobilidade, a elaboración do decreto de infraestruturas de carga para vehículo eléctrico, o investimento de 2,4 millóns de euros para desenvolver sete estacións de electromobilidade nas sete grandes cidades de Galicia ou o apoio a PSA-Peugeout Citroën coa fabricación dos primeiros vehículos eléctricos que levarán o nome de Galicia.

I Simposio Internacional de Electromobilidade

O I Simposio Internacional de Electromobilidade, Enerxía e Medio Ambiente (SIMEM) abrirá as súas portas o vindeiro día 9 de xuño e no seu acto inaugural contará coa presenza do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra; do presidente da CEP. José Manuel Fernández Alvariño; do director da factoría de PSA-Peugeout-Citroën, Pierre Ianni, e Teresa Pisano, delegada do Consorcio da Zona Franca de Vigo.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: