ECONOMÍA E INDUSTRIA IMPULSA A CERTIFICACIÓN DA CALIDADE NAS EMPRESAS GALEGAS A PROL DA MELLORA DA COMPETITIVIDADE

  • En total máis de 4.000 certificados apoian a competitividade das empresas galegas
  • O Observatorio da Calidade de Galicia, da Consellería de Economía e Industria, traballa co obxectivo de difundir, sensibilizar e fomentar a aplicación de normas, referenciais e modelos
  • A Consellería reforzou o Programa InnoEmpresa que se desenvolve a través de tres liñas centradas en: innovación organizativa e xestión avanzada; innovación tecnolóxica e calidade; e proxectos de innovación en colaboración
  • Nesta lexislatura, o programa InnoEmpresa permitiu aprobar 776 solicitudes para apoiar investimentos ou custos cifrados en máis de 25 millóns
  • Javier Guerra explicou que, a pesar de que o Goberno Central decidiu non renovar o cofinanciamento do InnoEmpresa, a Consellería de Economía e Industria, mantén “a aposta pola calidade” e dotou á edición 2011, cun orzamento de 3,5 millóns de euros

.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, salientou hoxe que a normalización e certificación da calidade na xestión ou nos produtos; en todo o relacionado co medio ambiente; na seguridade laboral; ou no ámbito da innovación, tense convertido nunha “ferramenta eficaz” a prol da mellora da competitividade e da internacionalización das empresas galegas.

O conselleiro, que fixo estas declaracións na clausura do acto conmemorativo dos 25 anos da Asociación Española de Normalización e Certificación (Aenor), salientou que, en total máis de 4.000 certificados apoian a competitividade das empresas galegas en calidade e medio ambiente, e sistemas de xestión e I+D+i, á vez que Galicia converteuse nunha Comunidade líder en canto a potencia eólica certificada .

Guerra lembrou que a Consellería de Economía e Industria mantén unha colaboración activa coa Asociación Española de Normalización e Certificación, coa que colabora para verificar que o Instituto Enerxético de Galicia cumpre con distintas certificacións ambientais e de xestión. Ademais, a esta Asociación tamén pertencen: Galicia Calidade, o Instituto Galego de Consumo e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

Observatorio da Calidade

De feito, xa en 2001, a Consellería creou, a través da Fundación, o Observatorio da Calidade de Galicia, coa finalidade de manter unha liña de observación específica da calidade na nosa Comunidade Autónoma, difundir, sensibilizar e fomentar a aplicación de normas, referenciais e modelos.Desde entón, este organismo ofrece diversos servizos de información e apoio ás entidades e empresas implicadas na calidade e ás organizacións interesadas nesta temática.

 

O Observatorio da Calidade elabora, en colaboración coas entidades certificadoras, o directorio de axentes da calidade galegos e a estatística da situación da certificación en Galicia, dando así resposta á demanda de información e permitindo realizar un seguimento da súa evolución. Actualmente, supón a principal ferramenta para o coñecemento da evolución da certificación na nosa Comunidade e a detección das tendencias de mercado neste ámbito e está recoñecida, polo Instituto Galego de Estatística, como estatística oficial de Galicia.

InnoEmpresa

Guerra recordou que “a Xunta traballa co obxectivo enriquecer esta linguaxe de confianza, porque entende que, só fortalecendo os protocolos que garanten a calidade e seguridade na empresa, é posible deseñar un contexto competitivo, capaz de reactivar a economía galega”.

Neste sentido apuntou que para “continuar avanzando neste camiño, a Consellería reforzou o Programa InnoEmpresa que se desenvolve a través de tres liñas básicas de actuación centradas en: innovación organizativa e xestión avanzada; innovación tecnolóxica e calidade; e proxectos de innovación en colaboración”.

 

Os programas están baseados na utilización de instrumentos e procedementos de xestión xa contrastados, para facilitar a mellora da competitividade da pequena e mediana empresa, a través do incremento da súa capacidade innovadora, “unha iniciativa que está a ser acollida con moito interese polo tecido empresarial e produtivo de Galicia”, sinalou o titular de Economía e Industria.

Nesta lexislatura, o programa InnoEmpresa permitiu aprobar 776 solicitudes, concedendo axudas que suman 10 millóns de euros, para apoiar investimentos ou custos, cifrados en máis de 25 millóns. Ademais, ao primar o carácter colectivo dos proxectos aprobados neste marco, o número de empresas beneficiarias ascende a máis de 1.100.

Guerra explicou que, a pesar de que o Goberno Central decidiu non renovar a cofinanciamento do Programa InnoEmpresa neste exercicio, a Consellería de Economía e Industria, mantén “a aposta pola calidade” e dotou á edición 2011 cun orzamento de 3,5 millóns de euros. De feito, actualmente recibíronse 1.265 novas solicitudes, das cales case a metade pertencen a iniciativas de implantación de sistemas integrados de calidade e medio ambiente.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: