LA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ADJUDICA LA REHABILITACIÓN DE LA ANTIGUA RECTORAL DE CHENLO A DYCSA POR 420.000 EUROS

A Deputación de Pontevedra adxudicou hoxe, na súa xunta de goberno, a rehabilitación do edificio da antiga reitoral de Chenlo (O Porriño) á empresa Dycsa por 420.000 euros, o que supuxo unha baixa dun 20% sobre o prezo de licitación.

O obxecto dos traballos é a rehabilitación do edificio da antiga reitoral de Chenlo para destinalo a centro sociocultural e sede da Entidade Local Menor e mellorar o Campo da Festa.

En virtude do convenio no seu día asinado co Bispado de Tui–Vigo, a Igrexa cederá dúas propiedades para destinalas a equipamento publico: unha parcela cunha superficie de 3.782,55 m² a favor da Entidade Local Menor de Chenlo (O Porriño), e unha propiedade, ubicada na antiga Casa Rectoral, cunha superficie de 2.195,38 m², na que se levarán a cabo as obras de rehabilitación para centro sociocultural e relixioso.

A Entidade Local de Chenlo compensará a cesión desta parcela na contía de 72.000,00 euros, que serán aboados ó Bispado de Tui-Vigo. Unha vez realizada a restauración, cederáse o uso do inmoble á Entidade Local Menor de Chenlo, para os fins citados, excepto a parte destinada a Sede Parroquial, que comunica coa Igrexa, que estará dotado dun despacho, un cuarto de aseo e un salón. Este conxunto, de 50 m2, pasará a propiedade do Bispado para actividades pastorais da Parroquia.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: